O Vicedo, 17 Maio, 2025. Unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Viveiro tras quedar atrapada nun vehículo accidentado na estrada LU-862, ao seu paso pola parroquia de Suegos, no concello do Vicedo. Unha vez liberada, foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Ademais, outra persoa tamén resultou ferida e precisou asistencia sanitaria.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 17:15 horas, mediante o aviso dos efectivos de Protección Civil, que informaban dun sinistro entre os puntos quilométricos 79 e 80 da LU-862. Minutos máis tarde, confirmouse que unha das persoas implicadas podería estar atrapada no interior do vehículo.
De inmediato, activouse un operativo no que participaron os servizos de urxencias sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro, encargados da excarceración, e axentes da Garda Civil de Tráfico, que prestaron apoio no lugar do suceso.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



