“Os populares critican a incoherencia do rexedor, que xustifica cambios impopulares amparándose nun plan que logo modifica ao seu antollo, sen orde nin criterio”
Foz, 26 de maio de 2025. O Partido Popular de Foz denuncia o caos circulatorio que sofre o municipio como consecuencia directa da mala xestión do alcalde Cajoto, quen se escuda nun plan de mobilidade que nin sequera cumpre. Os populares critican a incoherencia do rexedor, que xustifica cambios impopulares amparándose nun plan que, segundo el, avala as súas decisións, pero que logo modifica ao seu antollo, sen orde nin criterio.
“Cajoto di que segue un plan de mobilidade, pero a realidade é que o incumpre cando lle convén e cambia as direccións segundo lle parece, sen avisar e sen contar coa xente”, asegura o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
A última mostra desta improvisación son os cambios de dirección anunciados en rúas como Eduardo Pondal -que presenta un estado lamentable malia promesas de arranxo-, Alfonso X ou a rúa Concello de Cervo. Estes cambios contradín o propio plan de mobilidade que Cajoto defende, o que demostra que nin el mesmo confía nas súas propostas.
Desde o PP de Foz pregúntanse por que para unhas cousas é obrigatorio seguir o plan de mobilidade -que consideran mal deseñado- e para outras faise exactamente o contrario.
Por outro lado, a veciñanza está farta de obras eternas ou a medio facer, como é o caso da rúa Irmandiños que leva máis de dous anos de retraso, e de asfaltados exprés feitos ás presas en certas rúas mentres outras, como a rúa Breogán, seguen totalmente abandonadas. Todo isto representa un malgasto inxustificado dos recursos públicos, como os fondos que lle corresponden da Deputación, en actuacións innecesarias, executadas máis por capricho que por criterio técnico. “O que está pasando é unha chapuza. Os veciños séntense ignorados e non entenden por que unhas rúas se arranxan a toda présa e outras quedan totalmente esquecida”, engade Castiñeira.
Desde o PP de Foz esixen seriedade, planificación e respecto polos veciños e polos profesionais afectados por este descontrol de tráfico e obras que non leva a ningunha parte.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



