A Mariña, 27 de maio, 2025. A área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte foi creada co obxetivo de optimizar os recursos sanitarios e mellorar a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, garantindo unha xestión mais eficiente e equitativa da asistencia sanitaria. Sen embargo, apunta o colectivo “a realidade actual na comarca da Mariña, integrada na área sanitaria do HULA y Monforte, contradice estes principios fundamentais”.
“Contamos con unha poboación superior a 63000 habitantes, a día de hoxe existe un déficit en fisioterapia en atención primaria en varios centros, sendo especialmente grave o caso de Burela, que con cerca de 9500 habitantes non dispoña de un fisioterapeuta en atención primaria, sendo os únicos habitantes da comarca da Mariña que non teñen dereito ante unha doenza articular poidan ser derivados polo seu médico de atención primaria”.
“A esta situación súmase a ausencia do único médico rehabilitador, en febreiro e marzo non houbo consultas e en abril 15 días de consulta realizadas por 2 médicos desplazados desde Lugo, esto resulta nunha atención moi insuficiente, o que provocou un colapso asistencial nesta especialidade”.
“Presentamos retrasos significativos nas primeiras consultas e revisións, mais de 150 doentes pendentes de comenzar tratamiento rehabilitador e mais de 500 persoas derivadas desde atención primaria sen poder comenzar tratamento de fisioterapia pola falta de contratación de fisioterapeutas”, engaden.
“Mentras tanto, zonas como Monforte de Lemos (tamén parte da mesma área sanitaria provincial ), con apenas 39000 habitantes, dispón de 2 médicos rehabilitadores activos e unha dotación de fisioterapeutas mais proporcionada. Esta disparidade no reparto de recursos e inxustificable e contraria o principio de equidade que debería rexir a xestión integrada”.
“Esta situación non pode seguir prolongándose, xa que vulnera o dereito da cidadanía a unha atención sanitaria adecuada e contribuindo ao deterioro progresivo da saúde de moitos doentes na espera de tratamentos fundamentais para a súa calidade de vida”, conclúen.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



