Senadores do Grupo Popular na Comisión de Pesca do Senado interesáronse polo sector pesqueiro da Mariña lucense en encontros de traballo con patróns maiores, armadores e Organizacións de Produtores Pesqueiros da provincia
A Mariña, 4 de xuño de 2025. A Mariña, 4 de xuño de 2025. O Partido Popular defenderá no Senado as reivindicacións do sector pesqueiro lucense “que coinciden coas principais necesidades do sector a nivel nacional” e están estreitamente relacionadas co relevo xeracional, a necesidade da homologación de títulos e igualar condicións fiscais con respecto a outros países.
A delegación de senadores do Grupo Popular na Comisión de Pesca do Senado comprometeuse a dar traslado das demandas dos distintos actores do sector pesqueiro tras escoitar de primeira man aos seus representantes na Mariña lucense -patróns maiores das confrarías da provincia, sociedades de Armadores de Burela (ABSA) e Puerto de Celeiro e as Organizacións de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e Celeiro (OPP-77)- durante a visita á comarca na que tamén puideron coñecer a lonxa da Burela.
O portavoz do Grupo Popular na Comisión de Pesca no Senado, Manuel Ruiz, acompañado polos senadores lucenses José Manuel Balseiro e José Manuel Barreiro, ademais da senadora ferrolá Verónica Casal e o senador cántabro Íñigo Fernández definiu a visita como “moi instrutiva” porque “é imposible coñecer o sector galego se un non coñece todo o que A Mariña supón para o mundo do mar”.
“Os problemas da pesca nos que máis inciden todos e cada un dos seus actores é o relevo xeracional”, segundo conclúe Ruiz. Algunhas das demandas máis urxentes do sector son “facilitar a obtención de títulos, especialmente para a xente que ten experiencia no mundo do mar”; así como revisar as condicións para a homologación de títulos doutros países e adaptar a formación ás necesidades do sector “facilitando que os traballadores do mar poidan chegar facilmente a ser uns tripulantes cualificados”. O popular avanzou que “estamos dispostos a defender un marco estatal único e harmonizado de titulacións náutico-pesqueiras que garanta o seu recoñecemento automático en todo o territorio nacional”.
Por outra banda, o sector reclama a aplicación das mesmas medidas fiscais para as empresas españolas que noutros países europeos. “Xa temos rexistrada unha iniciativa para reclamar exencións fiscais de ata 60.000 euros para aquelas tripulacións que operan con bandeira española en augas fóra do noso territorio nacional”, indica o senador popular.
A ese respecto, o Grupo Popular ten presentado unha proposta para instar ao Goberno de España a ampliar a exención tributaria do IRPF e modificar parcialmente as leis dos Impostos sobre Sociedades, Imposto da Renta para No Residentes (IRNR) e sobre o Patrimonio aos tripulantes españois en buques de bandeira española que faenan fóra das aguas españolas. “O obxectivo é o de estimular o relevo xeracional e, sobre todo, evitar a fuga de talento para países con condicións fiscais máis favorecedoras”.
O Senado xa ten aprobado, a iniciativa do PP, outras propostas coas que atallar reivindicacións que permitan garantir a pervivencia e o desenvolvemento do sector como, por exemplo, a rebaixa do IVE do pescado co obxectivo de favorecer o seu consumo. “Está nas mans do Goberno de Sánchez acatar o mandato que lle deu a Cámara Alta”, segundo conclúen os senadores populares.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



