Ribadeo, 4 de xuño, 2025. O grupo municipal do Bloque de Ribadeo quere recordar a toda a veciñanza que os datos que se fixeron públicos esta semana pertencen á Conta Xeral do ano 2024 e do ano 2023. Denuncia tamén “as mentiras desesperadas do equipo de goberno para intentar xustificar o seu despilfarro. Contra o relato interesado e parcial, remarca que o máis importante son os datos”.
O voceiro do BNG, Pablo Vizoso, explica que: “A comezos desta semana fixemos públicos os datos da Conta Xeral 2024 e os da 2023 (que xa estaban publicados) e que deixan en moi mal lugar o goberno do PP. Uns aforros case inexistentes e facturas pendentes que non paran de medrar ano a ano e que xa superan con creces os remanentes. Parece que mostrar a realidade económica non sentou moi ben dentro das filas populares e dedicáronse a enlodar e inventar cifras para defenderse. Din que o dato mata o relato e neste caso está todo moi claro. Podemos repetilo por se non se enteraron ou non se quixeron enterar: no ano 2022 o Concello declarou 1.661.441€ en remanentes, no ano 2023 a cifra xa baixou a 1.160.789€ e no 2024 pecharon con 224.753€. Unha redución de máis de 1.400.000€. Pola contra, as facturas pendentes pasaron de 269.783€ do ano 2022, a cifra xa se disparou até 636.627€ no ano 2023, para chegar até os 662.590€ deste ano”.
Vizoso rematou: “Hoxe adxuntamos os datos directos da Conta Xeral e da Liquidación dos Orzamentos para que non caiba dúbida, son datos asinados polo propio alcalde, non os inventamos nós. E non nos quedaremos aquí, ao longo desta semana faremos público o total de gastos en propaganda, en papatorias do alcalde e compañeiros, e outros conceptos moi “interesantes”. “
Volvemos pedirlle ao goberno municipal que deixe de mentir e de difamar e que comece a pensar como solucionar a grave situación na que se atopan. Son os únicos responsables, e os veciños e as veciñas de Ribadeo demandan solucións”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



