Ademais, instan ao Goberno Municipal a iniciar un diálogo co Consorcio Provincial de Bombeiros “para anular futuras sancións en torno a este asunto, mentres non se atope unha solución”
Mondoñedo, 9 de xuño de 2025. Os Socialistas de Mondoñedo emprazaron ao Goberno do PP a asumir o cobro da factura de 361 euros (de xaneiro de 2023), e que se lle abonou ao propietario da vivenda de Santa María Maior, unha vivenda que se inunda cada vez que chove. Na pasada sesión plenaria celebrada no mes de maio, o PSdeG presentou un rogo co que instan ao Goberno Municipal, “a aboar esta factura con fondos municipais”.
“Entendemos que o veciño desta vivenda (José), é un afectado polo tanto non pode, nin debe, nin ten que asumir estes pagos que non lle corresponden, máxime cando el non os provocou. Ademais hai que ter en conta a situación de vulnerabilidade desta familia, cuxos propietarios da vivenda son pensionistas”, explican os socialistas. E por outra banda, emprazaron ao Goberno “a iniciar un diálogo co Consorcio Provincial de Bombeiros para anular futuras sancións en torno a este asunto, mentres non se atope unha solución”, sinalan.
Reclamación factura pola via administrativa
Nesta mesma sesión plenaria o PP tamén recoñeceu que tivo que pagar unha reclamación pola via administrativa por parte da empresa Estrives Ventures S.L., por importe de 9.559 euros, en concepto de redacción, xestión e tramitación do Plan de Sostenibilidade Turística de Destino, e de cuxa convocatoria o Concello de Mondoñedo non conseguiu ningunha subvención pola que concorría. “Entendemos que é moito mais rendible abrir as portas da Oficina de Turismo durante todo o ano para atender aos visitantes, en vez de gastar cartos en proxectos baleiros de sentido e de programación”, replican.
Licenza na Praza da Catedral de Mondoñedo
Dende o PSdeG tamén se interesaron polo retraso na aprobación dunha licenza urbanística, relacionada cunha reforma nun edificio da Praza da Catedral (que xa conta cos informes preceptivos de Patrimonio).
Arbores en Viñas da Veiga
No apartado de rogos, os socialistas reclamaron que se coloquen árbores en Viñas da Veiga (na zona de entrada de abaixo do Campo do Fútbol), polo lateral do Cuartel da Garda Civil, “xa que antes había arborado nesta zona, e agora quedou moi descoidada. Así como bo un repaso de limpeza de malezas existentes nas aceras desta contorna”. E tamén a limpeza e corta ou poda (si é necesario), das árbores que hai na carretera de entrada a Mondoñedo, dende a volta grande ata os Remedios.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



