Ribadeo, 18 de xuño de 2025. Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 20 de xuño e o 13 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo dunha viaxe a México no marco do X Ribadeo Indiano. Será ao remate do concerto que Los Van Van ofrecerán na rúa San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2025 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas. Pero chega cunha novidade, xa que este ano o destino será México. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano, pero queriamos darlle un impulso. Será a quinta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende a nosa asociación estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen dúbida este sorteo é unha axuda moi importante e unha cita moi agardada tanto polos negocios locais asociados como pola súa clientela. En circulación desde este venres poñeremos 160.000 papeletas”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 ao 20 de setembro de 2025. O premio cubre o vo Madrid-México-Madrid, así como 7 noites de hotel en habitación dobre premium room en réxime de todo incluído, no hotel Iberostar Waves Quetzal de 5 estrelas, así coma servizos extra como embarque preferente, asentos especiais, asistencia a eventos na Rivera Maya, entre outros complementos extra”.
Pérez Prada indicou que “participar no sorteo é moi sinxelo. As rifas estarán a disposición dos clientes nos establecementos asociados a Acisa do 20 de xuño ao 13 de xullo. O único que teñen que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas polos establecementos. O sorteo De Ribadeo a México, dúas culturas, unha soa viaxe será presencial o 13 de xullo tras a actuación de Los Van Van. É moi importante destacar e incidir en que a rifa debe conservarse ata o mesmo 13 de xullo e que ese día dende as doce da maña ás nove da noite, as persoas que teñan rifas no seu poder, deberán introducilas na urna que estará instalada fronte aos Cocos na rúa San Roque. Na urna deberá quedar a parte pequena da rifa co selo do establecemento e haberá que conservar a parte grande para o sorteo. Non serán validas as papeletas sen o selo dos negocios. As bases do sorteo están dispoñibles na web e redes sociais do Ribadeo Indiano e de Acisa”.
O xerente de Acisa engadiu: “sendo moi prudentes coa edición das 160.000 rifas e facendo unha media de 4 rifas por compra e unha media de 40 euros de valor de cada compra estariamos a falar de que estariamos xerando 1.600.000 euros de impacto na economía local de Ribadeo nas tres semanas que dura campaña”.
Cruzado Iglesias, a presidenta do colectivo empresarial, tivo palabras de agradecemento para as administracións e para os patrocinadores: “queremos agradecer o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, e á Xunta de Galicia, que cofinancian esta programación do Ribadeo Indiano, así como ao Concello, co que seguimos a coorganizar este importante evento histórico cultural. E tamén quero dar as grazas aos nosos patrocinadores: a Cervexas Alhambra, que colabora co Ribadeo Indiano na súa liña de compromiso por apoiar todas aquelas experiencias únicas pensadas para desfrutar sen prisa e dedicando a cada cousa o tempo que se merece; ao Banco Sabadell, a Caixa Rural e a Vitaldent, que afianzan a súa colaboración con nos, e a Gestión Gratelu, que se incorpora como patrocinador do Ribadeo Indiano nesta edición. Sen a súa inestimable axuda non poderiamos chegar a onde chegamos neste X Ribadeo Indiano”.
O xerente de Acisa engadiu: “dende Acisa queremos resaltar o noso compromiso coa organización do Ribadeo Indiano e como consecuencia co traballo en estreita colaboración co Concello de Ribadeo para levalo a cabo. Ambos aportamos o que somos capaces, cada un dende as súas posibilidades con recursos propios e cos que nos achegan as diferentes administracións a cada un de nós para levar a cabo un gran evento que dinamiza a economía local e fomenta o turismo neste municipio”.
A presidenta de Acisa dixo: “hai que agradecer tamén todo o traballo que hai detrás dunha cita destas dimensións ao persoal municipal e ás persoas que de xeito voluntario tamén aportan o seu gran de area para que o Ribadeo Indiano vaia a máis e se supere ano tras ano”.
No acto de presentación participaron o deputado provincial responsable de Rural, Mar e Mocidade, Dani García; a concelleira de Turismo, Marta Saiz; o responsable de Gestión Gratelu, Pablo Posada; Jesús González, responsable do Banco Sabadell en Ribadeo; José Luis Puente, xestor comercial de Alhambra; así como a presidenta, o secretario e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Felipe Fernández e Jesús Pérez.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



