160 pilotos participaron na formacion teórica e nas probas que se celebraron durante a fin de semana no circuíto da Pastoriza
Lugo, 22 de xuño de 2025. Sergio Lozano Granda foi o vencedor do premio Volante Deputacion, que se celebrou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O mozo, de Pacios, no Concello de Castro de Rei, de 22 anos, foi o máis rápido na final que se celebrou este domingo, polo que recibe como premio a participación como piloto titular no Rally San Froilán 2025, a bordo dun Dacia Sandero, dentro da estrutura do equipo da escudería PTC. Unha oportunidade para iniciarse na competición de forma totalmente gratuíta e nunha das probas de maior prestixio do calendario galego de asfalto.
Completaron o cadro da final, que puxo fin a duas xornadas de intensa actividade no circuíto municipal pastoricense, o único circuíto oficial destas características na provincia de Lugo
Na entrega de premios, a deputada Iria Castro felicitou a gañador e finalistas “polo traballo realizado durante as dúas xornadas no circuíto” e valorou “o interese que ano tras ano desperta esta proba, que demostra a importancia que o coñecemento e a formación técnica teñen á hora de competir”
A responsable provincial reafirmou o “compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa continuidade deste premio, que ofrece a pilotos noveis a posibilidade de formarse e iniciarse na competición, alimentando desde a base a afección a este deporte que ten moito arraigo nas distintas comarcas”
Preto de 160 pilotos participaron na proba organizada por PTC Escuela, que combina formación en condución deportiva e competición. Todos os participantes recibiron un curso de formación técnica e condución segura, para igualar e equilibrar os coñecementos.
Posteriormente, durante a xornada do sábado e na mañá do domingo, divididos en grupos e acompañados por persoal técnico da escudería, realizaron probas cronometradas con vehículos tamén proporcionados pola escudería. Pola tarde, disputouse a semifinal – na que participaron os dez máis rápidos nas roldas previas por grupos – e a final.
Preparación para a participación no Rally San Froilán
Sergio Lozano, que participaba por primeira vez no Volante, terá a oportunidade de seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos vindeiros meses, nos que recibirá formación específica para participar no rally San Froilán como piloto da escudería PTC e con opcións de puntuar Sandero Eco Cup Galicia, unha das copas de promoción do rally.
O Volante Deputación de Lugo, que se celebrou por primeira vez en 2012, deu a oportunidade de iniciarse na competición automobilística a máis dunha ducia de mozos lucenses. Sergio Lozano súmase a unha lista da que son parte Carlos López, Juan López, Jairo Castro, Francisco Dorado, Joshua Polo, Rubén Sánchez, José Miguel Rodríguez, Carlos Rodríguez, Jairo Fernández, Pablo Guerra, Ánxel Vizoso, Hugo Iglesias e Pablo López, gañadores das sucesivas edicións da proba.
Apoio ao automobilismo
O impulso do Volante Deputación reforza a rede de apoio ao automobilismo da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que dá soporte económico ás principais probas de rally de asfalto e de rally de montaña que se celebran na provincia – o Rallly da Mariña, o Rally San Froilán, a Subida a Taboada, a Subida á Pontenova ou a Subida a Chantada – e convoca, cada ano, unha liña de axudas para pilotos de rally, cun investimento total de 45.000 euros. A área de Deportes convoca tamén anualmente bolsas para pilotos de rally, con achegas entre os 300 e os 2.500 euros dacordo cos resultados acadados polas persoas soclitantes nas probas disputadas en campionatos galegos, estatais e internacionais.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



