A cita será no Guioncho, e contará coa mellor animación musical
Cervo, 3 de xullo de 2025. A parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde este venres 4 de xullo, ata o luns 7.
A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.
O programa arrincará mañá venres ás 23.00 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Dj Alejando Martínez e Conxuro discomóvil.
O sábado, 5 de xullo, a xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne na capela do Gioncho e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra Ritmo Joven.
Chegada a noite, as orquestras Panorama e Ritmo Joven amenizarán a verbena desde as 22.30 horas.
O domingo, 6 de xullo, a misa solemne está prevista para as 12.30 horas, na Igrexa Parroquial de Lieiro cantada pola coral Terra Mar, seguida de precesión e ao termo do acto será o Grupo Da Silva, o que amenizará a sesión vermú.
Entrada a noite, as orquestras Gran Parada e Waikas porán a nota musical desde as 22.30 horas.
O luns, 7 de xullo, último día da festa, o grupo Mistura de Lieiro actuará ás 19:00 horas, seguido da popular sardiñada, que comezará ás 20:00 horas. Chegada a noite Tania Veiras e a orquestra Galilea amenizarán a verbena desde as 21.30 horas.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a sumarse a esta gran festa, “un evento máis que consolidado como un clásico do verán no noso concello que edición tras edición conta cun cartel inmellorable”.
A alcaldesa, tamén quixo felicitar aos membros da Comisión, “formada por unha mistura enriquecedora de idades que reflicte o compromiso interxeracional coa promoción da nosa cultura e desexoulles unhas festas cheas de éxito e participación, que sigan facendo da Santa Isabel un referente no noso municipio e en toda a bisbarra”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



