Os senadores populares apelan ao artigo 178.2 do Regulamento do Senado que establece que o Goberno debe informar sobre o cumprimento dado ás mocións aprobadas dentro dos seis meses seguintes
Lourenzá, 8 de xullo de 2025. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- esixen ao Goberno de Sánchez explicacións sobre as xestións realizadas para dar cumprimento ao aprobado na Comisión de Cultura o 24 de febreiro: o Senado instaba ao Goberno a liderar e financiar, con cargo a fondos estatais, a obra de rehabilitación integral do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá.
O acordo recollía tamén que o Goberno de España elaboraría e executaría un proxecto de intervención, só ou en concorrencia con outras administracións, co fin de preservar, protexer e poñer en valor esta xoia patrimonial, arquitectónica e relixiosa declarada Conxunto Histórico-Artístico.
Os populares formulan esta pregunta atendendo ao artigo 178.2 do Regulamento do Senado, que establece que dentro dos seis meses seguintes, o Goberno ou o órgano correspondente deberá informar sobre o cumprimento dado ás mocións aprobadas pola Cámara.
O senador mariñán, José Manuel Balseiro, explica que, en resposta oficial ás preguntas dos populares, “o Goberno confirmaba en novembro do 2024 que non tiña previsión de facelo a pesar de que existen múltiples axudas para a conservación do patrimonio arquitectónico”. Polo tanto, agarda que “o Goberno de Sánchez rectifique e cumpra o acordo do Senado”.
Os populares agardan, polo tanto, que “o Goberno explique que pasos se deron para liderar a rehabilitación deste monumento declarado Ben de Interese Cultural (BIC)” e que “non sume outro incumprimento máis” en relación ao mosteiro.
Primeiro, prometeron unha obra de rehabilitación que superaría os 2M€ con cargo ao Plan Nacional para o turismo Xacobeo 21/22 “que nunca chegou a executarse”.
E, máis recentemente, solicitaron 3M€ dun proxecto de case 4,3M€ con cargo ao programa do 2% Cultural estatal. Pero “a finais de decembro saíu a resolución, case ás agachadas, en Nadal para que non se entere ninguén, e a solicitude do mosteiro de Lourenzá foi outra vez rexeitada. E non é porque se trate dun ben da Igrexa” porque “entre os máis de 30 beneficiarios destas axudas hai outros inmobles similares”.
Administracións como a Xunta souberon ver o seu valor e promoveron obras de restauración e conservación, pero “é preciso unha actuación máis ambiciosa que tería perfecto encaixe entre as financiadas con cargo a fondos estatais”, segundo consideran os populares.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



