No curso traballáronse técnicas antigas de Ju Jutsu e Aiki Jujutsu. Desprazáronse profesores e alumnos avanzados de diferentes recunchos de España, así como de Portugal, Ucrania, Países Baixos, Suecia e Bélxica. A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo achegarse ata o pavillón do CEIP Península da Paz para saudar ás persoas asistentes e felicitou unha vez máis a Miguel Ángel Rojo por volver poñer a Cervo no mapa a nivel Europeo en canto a seminarios de artes marciais do máximo nivel.
