Segunda cortina de fume en dez anos. En pleno Ribadeo Indiano saltou a noticia da prolongación da concesión para a súa explotación privada, sen que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao respondese a ningunha das peticións de información que a asociación Por Nuestro Faro lle dirixira respecto diso. O feito presentouse consumado, incumprindo a lei de transparencia e de dereito á información, para non ter que dar explicacións sobre o incumprimento da lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
Pero a primeira cortina de fume foi alá por 2015, cando Portos, Xunta e Concello de Ribadeo anunciaron, todos a un tempo, a marabilla de pechar a illa para uso exclusivo dos ocupantes de dúas suites nunha zona protexida. Ribadeo decatouse tamén polos xornais en abril de 2015, con todo, as xestións da empresa privada Eirobra xa empezaran dous anos antes. A adxudicación xestouse discretamente, sen concurso público nin trámite de competencia, e foi anunciada un mes antes de que o goberno de Rajoy anulase a lei que impedía o uso hostaleiro dos faros. Todo atado e ben atado antes de empezar, pola Autoridade Portuaria, a Xunta e o Concello, as mesmas entidades que foron amoestadas en dúas ocasións coa bandeira negra de Ecoloxistas en Acción (en 2022 e 2025) debido á súa mala xestión.
No últimos dez anos a oposición ao proxecto hostaleiro da illa Pancha articulada por Por Nuestro Faro viuse silenciada por respostas tardías, vagas ou inexistentes dos organismos implicados, onde a falta de información e os anuncios fóra de prazo inhabilitaban á opinión pública para a protesta. Valga como simple exemplo aquela licenza de actividade para a cafetería, liquidada en período de confinamento e sen publicidade algunha, por un BNG con maioría absoluta e sen público na sala consistorial.
Certamente, todo o proceso parecía ser deseñado para que o proxecto hostaleiro tivese unha gran acollida, ata tal punto que o peche da illa Pancha ao público parecese normal. Lembremos que, ata que a cafetería empezou a funcionar, o acceso estivo completamente prohibido aos ribadenses a pesar de que a licenza de actividade dos apartamentos xa garantía ese acceso. Incluso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificouno en marzo de 2022 desestimando un recurso da empresa xestora. Con todo esta ilegalidade fora asumida pública e institucionalmente durante 7 anos.
A pesar da insistencia da asociación Por Nuestro Faro o acceso libre á illa non se converteu nunha realidade ata que o funcionamento da cafetería o convertese en inevitable durante os seus horarios laborais. E en todo caso, isto non contribuíu á súa conservación, pois a día de hoxe non só non existe un plan de protección para ese espazo, senón que non se respectan as leis en vigor para unha zona ZEC. É dicir, a pesar de todos os informes do Defensor del Pueblo aconsellando paralizar toda actividade ata non contar co informe ambiental obrigatorio por lei, a illa Pancha segue estando desprotexida e nunha situación completamente irregular.
Como xa é tradición, decatámonos pola prensa da prórroga da concesión por cinco anos. Nalgúns medios anunciárono sen tan sequera mencionar a oposición desta asociación, a recente bandeira negra de Ecoloxistas en acción, ou as recomendacións do Defensor del Pueblo. Cando non, afirmando directamente que o faro-hotel tivo e ten unha boa acollida.
E é certo, as institucións acolleron este proxecto cos brazos abertos, separando con antelación toda pedra no camiño que puidese alterar un destino selado fai dez anos. Iso na crenza de que un acceso parcial ao goce da illa, supeditado aos horarios dun negocio de tempada, bastase para distraernos do cumprimento da legalidade, do respecto e protección dos nosos espazos, e do dereito dos cidadáns á información e á participación.
Sentímolo, pero iso non funcionou nin funcionará coa asociación Por Nuestro Faro.
Covadonga Suárez
A VV Por Nuestro Faro



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



