O peche de Coia chega a Burela cedido unha campaña polo Noia Portus Apostoli, club co que debutou en Primeira o pasado curso e co cuxo filial anotou 20 tantos en 2ªB
Burela, 23 de xullo, 2025. O conxunto masculino do Burela FS segue incorporando mocidade e acento galego ás súas filas coa chegada do futbolista vigués Izan García, que se converte na cuarta incorporación da entidade burelista para o seu renovado proxecto en Segunda División. Únese deste xeito a Jason García, Alán e o meta Starna. Izan é un peche destro de 20 anos que chega cedido unha tempada polo Noia Portus Apostoli, club co que debutou esta pasada tempada en Primeira División, aínda que o seu lugar habitual estivo no filial de 2ªB, onde foi un xogador moi importante nos esquemas do técnico andaluz Guille Murillo e asinou un total de 20 goles.
Izan García González (Vigo, 4-7-2005) naceu no barrio vigués de Coia e criouse nas categorías inferiores do Campito FS de Chapela (Redondela) e das Escolas Deportivas Vigo 2015, club ao que chegou en idade xuvenil para competir na División de Honra da categoría. Cumprido o seu ciclo en categorías inferiores, o pasado verán fixo as maletas para fichar polo Noia Portus Apostoli e vivir a súa primeira experiencia sénior. Enrolouse no filial noiés e o 16 de novembro de 2024 debutaba en Primeira División nun duelo diante do Servigroup Peñíscola. Tería continuidade a súa presenza no primeiro equipo na xornada seguinte ante o Jimbee Cartagena Costa Cálida e tres máis tarde contra o Viña Albali Valdepeñas. Tamén foi citado para outros tres encontros ligueiros do equipo dirixido por David Palmas, pero sen minutos. Si contou con eles na final da Copa Galicia que venceron en Lugo derrotando ao Stellae Leis Pontevedra.
Izan defínese como “un xogador que le bastante ben o xogo, a pesar de ser moi novo, e que lle pode axudar ao equipo en moitos aspectos”, explica. A pesar de actuar como peche, é un futbolista con moita pegada nas accións a balón parado e os 20 goles da pasada campaña falan da súa capacidade en labores ofensivos.
O mozo xogador olívico asegura que chega a Burela coa mochila cargada de ilusión. “Afronto esta etapa con moita ilusión. Estou moi agradecido pola oportunidade que me están dando e quero seguir formándome e crecendo neste equipo. Espero poder cumprir os obxectivos do club e devolver a confianza que me mostraron”, apunta. Finalmente sinala que xa conta os días para vivir como local o ambiente do pavillón burelés. “Teño moitas ganas de coñecer o apoio da afección laranxa en primeira persoa, poder xogar en Vista Alegre e saber que se sente como local”, conclúe.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

