Viveiro, 30 de xullo, 2025. O PSOE de Viveiro quere saír ó paso das declaracións feitas onte pola secretaria general do partido popular de Galicia, Paula Prado, e a Secretaria Provincial de Lugo Elena Candia, nas que afirmaron que a Alcaldesa de Viveiro converteuse nun referente na Mariña pola súa xestión no Goberno Municipal, e que xa se ven un cambio en Viveiro.
Desde o grupo municipal “consideramos estas afirmacións unha auténtica falta de respecto á verdade e á veciñanza”.
“Resulta ofensivo que quen durante o tempo que estiveron na oposición se adicaron a desprestixiar aos anteriores equipos de goberno presididos por María Loureiro, e agora saiban que Viveiro funciona grazas ao traballo que nós deixamos feito”.
O certo é que todo o que está executando a día de hoxe o actual goberno do Partido Popular son proxectos herdados do anterior goberno socialista. Non presentaron nin un só proxecto novo, nin explicaron como van invertir os seis millóns de euros que anunciaron como acordo político con Por Viveiro trala moción de censura”.
“Respeto aos orzamentos, votamos a favor por responsabilidade política, conscientes de que son imprescindibles para garantir e poder manter os servicios e subministros, reparacións, etc, e tamén conceder as subvencións ás asociacións culturais e deportivas, repercutindo todo elo no desfrute da veciñanza. Esa é a nosa forma de de facer política: con responsabilidade e pensando no ben común”.
“En troques o partido Popular, durante os anos que estivo na oposición, nunca votou a favor dos orzamentos, bloqueando sistemáticamente a súa a aprobación. Outro claro exemplo de que bloqueaban temas de importancia para o concello foi cando votaron en contra da modificación da relación de postos de traballo, para entre outros solucionar o problema da Policía local, para ao mes de entrar no goberno levar o mesmo que eles votaron en contra ao pleno para a súa aprobación”.
“A pesar de despretixiarnos e de decir que a Alcaldesa de entón, María Loureiro, non facía nada, nos presupostos que se aprobaron a semana pasada só van as inversións que deixou o anterior goberno. Mesmo con relación ao turismo, a Alcaldesa saiu nas fotos presentando unha revista de promoción turística, a mesma que se presentou nos anteriores anos do goberno socialista”.
“Nós somos conscientes de que, tras tantos anos de xestión, todo é mellorable. Evidentemente cometemos erros, como non podía ser doutro xeito, e sempre se poder facer máis. Pero o que nos parece profundamente inxusto é o nivel de desprestixio, de vapuleo e críticas que sofrimos, chegando a decir que non facíamos absolutamente nada”.
“Agora case que cinco meses despois, estase demostrando que sí fixemos: porque todo o que están a facer é continuidade do traballo que deixamos feito”.
“Se tan mal estaba Viveiro como dicían, porque de momento non presentaron nin un só proxecto?. Sabemos que cinco meses non é moito tempo, pero tal e como anunciaron na prensa que tiñan proxectos de futuro de Viveiro xa os deberían de presentar aos veciños”.
“Por último, denunciamos a hipocresía da Alcaldesa, agora apela á colaboración de todas a administracións. Estamos completamente dacordo con ela, pero mentres estivo na oposición non moveu nin un só dedo para conseguir investimentos da Xunta de Galicia para Viveiro, porque non lle interesaba que se viran avances durante os gobernos anteriores”.
“Desde o PSOE de Viveiro seguiremos fiscalizando con rigor, denunciando as falsedades e traballando con lealdade sen facer unha oposición destructiva, para que o noso concello avance de verdade, non a golpe de fotos e propanganda”.




















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



