Ribadeo, 14 de agosto de 2025. Acisa Ribadeo inicia unha nova edición dos Xoves Abertos, que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de agosto.
A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, anunciou: “esta iniciativa encherá as rúas da vila de música en vivo e permitirá a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos con propostas moi refrescantes na hostalería local”.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente, desfrutando das nosas tendas, da nosa hostalaría e da nosa música. É un impulso para o comercio local e unha invitación a descubrir todo o que a vila ofrece”.
Pérez engadiu que “este xoves teremos a actuación do grupo D’Crooners na rúa San Roque a partir das 20:00 horas. Será o primeiro dos tres xoves nos que as tendas participantes abrirán polo menos unha hora máis sobre o seu horario habitual e ofrecerán múltiples promocións. Os clientes que presenten o multipase poderán beneficiarse destas ofertas e a partir das 20:00 horas gozar dunha Estrella Galicia ou dun tinto de verán por só 1 euro ou dun cubo de 5 quintos por 5 euros nos locais hostaleiros participantes”.
Cruzado Iglesias subliñou: “trátase dunha ocasión moi especial para mercar, xa que en moitos casos, ademais dos descontos de rebaixas, haberá promocións adicionais que irán desde o 10% ata o 75%, zonas outlet, 2×1, prezos especiais e moito máis. Estes xoves convértense nunha oportunidade única para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes”.
Comercios participantes:
Ferrado Marelo, Anais, Serendipia, Mimimó, Galán, Farfala, Sanjurjo, Esprit, Mika, For Friends, La Coqueta, Perseidas, Pequerrechos, Susana Kempes, Pepa Peineta, Siñeiro, Bombones Moreno, Hola Ola, Jilgueritos, La Florida, Ohana, Terra Branca, Fauna, Bora Bora, Miss-Ticc, Glass, Casa Mandarina, Sendín, Óptica Carreira e A Flote.
Establecementos hostaleiros participantes:
Cienfuegos, Aware Cakes, Barallocas, Ramonita, Manhatan, A Flor de José, El Colonial, El Rincón del Gordo, A Horta de San Roque, Copa Cabana, Araucaria, Mareta, Los Dulces de Delphine, Cervexería San Roque, Mesón D’Cata, O Furancho do Camiño, Arrancadeira e Ribanzo.
Pérez concluíu: “os xoves de agosto tedes unha cita obrigada en Ribadeo: música, grandes ofertas no comercio e promocións na hostalaría. O plan perfecto para mercar e desfrutar dunha boa tarde-noite na nosa vila”.
A presidenta de Acisa agradeceu “a colaboración do Concello de Ribadeo, a cofinanciación da Xunta e o patrocinio de Discosta Norte, que fan posible a realización destas actividades incluídas na programación especial de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo, enmarcadas no programa da Xunta O teu comercio é excepcional”.
Todas as ofertas concretas pódense consultar na web e redes socias de Acisa. Na presentación participaron Carmen Cruzado, Trinidad Otero e Jesús Pérez.
Desde Acisa lembran as ampliacións horarias das que gozarán os establecementos de hostalería asociados do 14 ao 18 de agosto con motivo das festas de San Roque. Estes disporán de 2 horas máis sobre o seu horario habitual de licenza. Os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


