Ribadeo, 20 de agosto de 2025. Ribadeo mellorará os locais sociais das Anzas, Remourelle e Ove e tamén o Círculo Habanero da Devesa, grazas a unha nova subvención da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos traballando conxuntamente con todas as asociacións e traballando dunha forma conxunta. Neste caso cun obxectivo que é mellorar e arranxar os locais sociais xunto coa asociación das Anzas, Remourelle e a asociación do Círculo Habanero da Devesa. Tamén vamos actuar no local social de Ove”.
O rexedor explicou que “neste caso unha subvención da Xunta de Galicia vai facer posible mellorar todos estes espazos. Falamos, por exemplo, nas Anzas de substituír a escaleira exterior. Esta escaleira o que está facendo é introducir humidade nas paredes e creemos que o que hai que facer é eliminar esas escaleiras, arranxar todas as paredes interiores porque teñen esas humidades, vanse tamén eliminar barreiras arquitectónicas do propio edificio e vamos colocar unha estufa de pelets. Retirada e substitución da escaleira exterior, acondicionamento da entrada, o arranxo das paredes interiores e a colocación dunha estufa. Estamos a falar dun orzamento total de 11.978 euros. Melloramos un espazo no que os veciños, fan comunidade, que utilizan este espazo para reunións e tamén grupos que están en Ribadeo tamén empregan este lugar”.
Vega seguiu a relatar: “tamén imos actuar na escola, no local social de Remourelle. Aquí o que vamos facer é retirar toda a terra vexetal, acondicionar a propia finca do exterior, estamos falando dunha finca de 230 metros cadrados. Vamos compactar todo isto e convertelo nun espazo para aparcadoiro. E tamén vai haber compra de material: mesas, bancos, armarios, estanterías… en definitiva, tamén dotar de equipamento ao local social de Remourelle”.
O alcalde ribadense contou que “tamén vamos actuar no Círculo Habanero da Devesa. Xa actuamos desde hai tempo, incluso cando estabamos na oposición, estabamos traballando con eles e xestionado orzamento ante a Xunta. E neste caso o que se vai facer é obras de mellora da accesibilidade eliminando barreiras arquitectónicas nos dous edificios na parte traseira do Círculo Habanero. Vai ter ramplas de acceso, obras nos teitos, na planta baixa do edificio central, concretamente no escenario, que está todo moi deteriorado, temos que arranxalo. Vai haber instalación eléctrica e de fontanería, vamos mellorar todo isto e despois tamén van pintar o que ven sendo o edificio. Isto é unha colaboración excepcional co Círculo Habanero, porque está moi deteriorado. Actuamos pintando o edificio por un valor de algo máis de 8.000 euros e tamén vamos dotar de equipamento ao Círculo Habanero”.
Dani Vega engadiu: “e finalmente vamos actuar tamén na escola, no local social de Ove, eliminando unha porta que non sirve para nada, o único que fai é introducir humidade e frío para cando están facendo nas actividades en Ove e o que vamos é selar a parte baixa e despois construír e colocar unha ventá e tamén mellorar o que ven sendo a instalación eléctrica, vamos darlle máis potencia para que se poida colocar calefacción. En resumo imos mellorar os locais sociais, que é un obxectivo prioritario para o Concello e traballar de forma conxunta coas asociacións”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



