Foz, 23 de agosto de 2025. O Concello de Foz estreou un novo equipo de limpeza viaria e espazos públicos. A compra, de 13.915 euros de investimento, foi financiada con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental do ano 2025.
O equipo de limpeza está montado sobre un remolque de 750 kilos, o que permite ser desprazado por calquera vehículo municipal. Consta dunha hidrolimpadora cunha bomba de alta presión que lanza 15 litros de auga por minuto, depósito de 400 litros, 100 metros de mangueira, lanzas con distintas boquillas, equipo de desatascos con 25 metros de mangueira e lavapavimentos con 50 centímetros de ancho de traballo.
O concelleiro de Limpeza Viaria, Ángel Fernández Neira, explica que “o equipo é moi versátil. Na limpeza de beirarrúas conectámolo a tomas de auga para ter un caudal constante. O depósito que leva o equipo permítenos limpar en puntos que non teñen rede de abastecemento. Resulta moi cómodo e útil para os operarios”.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca “este novo investimento para mellorar a limpeza no noso concello, un dos nosos principais obxectivos. Pedimos tamén civismo á hora de depositar o lixo nos contedores e ser respectuosos co entorno, manter un Foz limpo é unha tarefa de todas e todos”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



