Repartiranse 600 euros en premios e as imaxes seleccionadas expoñeranse no consistorio para partir do 24 de outubro
Ortigueira, 28 de agosto de 2025. Tras a gran acollida da primeira edición, o Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Turismo e Patrimonio, pon en marcha a segunda edición do concurso de fotografía “Ortigueira nunha foto”, que ten como obxectivo fomentar a participación social e promover a fotografía como medio de expresión para reflectir a variedade e riqueza paisaxística, patrimonial e cultural do municipio.
As fotografías desta segunda edición deben mostrar e poñer en valor o atractivo turístico de Ortigueira, atendendo ao seu patrimonio cultural. Por tanto, as fotografías deben reflectar imaxes dentro do municipio de Ortigueira, indicando o lugar no cal foron tomadas.
A participación será libre e gratuíta e as persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotos. Para participar no concurso non poderán ser publicadas con anterioridade en ningún medio de comunicación ou páxina web nin premiada noutros certames.
As fotografías deberán presentarse en papel nun formato entre 30×40 e 40×50, xa sexa en cor ou en branco e negro. Non se aceptarán fotomontaxes, colaxes nin fotografías creadas con IA.
Unha vez cúmpranse todos estes requisitos, poderán entregarse no Concello de Ortigueira ou a través de correo postal. A data límite para presentar os traballos será o 3 de outubro, ás 14:30 horas.
As tres mellores fotografías serán galardoadas con 300, 200 e 100 euros respectivamente. O fallo do xurado coñecerase o 24 de outubro, sendo o mesmo día da entrega de premios.
Ademais, as fotos gañadoras e o resto de preseleccionadas exhibiranse nunha exposición que se situará na Casa do Concello. Esta inaugurarase o día da entrega de premios e poderá visitarse durante todo o mes. As instantáneas en formato dixital serán exhibidas na páxina Web do Concello de Ortigueira e nas redes sociais de Turismo Ortigueira.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



