Ribadeo, 3 de setembro, 2025. A pesar das continuas queixas da veciñanza e das denuncias realizadas polo grupo municipal do BNG, “a imaxe que está dando Ribadeo durante todo o verán coa súa falta de limpeza é lamentable”. “Seguimos a ver contedores desbordados, regueiros de graxa por varias beirarrúas e suciedade por calquera parte de Ribadeo. Nas parroquias do rural os contedores de cartón non se recolleron en todo o verán”.
“Lugares e espazos emblemáticos do noso concello ofrecen aos veciños, e á xente que nos visita nestas datas, unha sensación noxenta, á que se suma o deterioro e a desatención ao mobiliario urbano da maior parte deses espazos. Dá igual por onde te movas; en calquera recuncho de Ribadeo, por onde vaias acompañarate a sensación de deixadez na limpeza viaria e, por momentos, unha cheirume que chega a ser nauseabunda”.
“Onde van agora todos eses que proclamaban aos catro ventos o mal que estaba Ribadeo en anos anteriores? Aqueles e aquelas que decían Ribadeo huele mal? debe ser que xa perderon o sentido do olfato; ulindo o que hai que ulir, case mellor para eles. É que acaso esqueceron, ao chegar ao goberno, algo tan prioritario como o servizo de limpeza da nosa vila?”.
“O que ocorre é que temos un goberno municipal desbordado; que non sabe xestionar, e as consecuencias pagámolas moi caro as veciñas e veciños. Son capaces de limpar as arcas públicas, pero de manter limpas as rúas, vese que non”, remata o BNG.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



