Foz, 11 de setembro de 2025. O Concello de Foz presenta a súa programación cultural de outono, que inclúe representacións teatrais, proxeccións de cine e actuacións musicais.
“O outono é tempo de castañas, de novos comezos e de cambio de espectáculos de rúa ao interior. E en Foz comeza de novo a tempada de teatro en sala, de cine e a música tamén terá o seu oco”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
“Teremos cousas para grandes e pequenos, con sorpresas”, continúa a edil: “a programación ten actividade todas as semanas dos meses de setembro, outubro, novembro e do mes de decembro só se ofrece un pequeno adianto. Ademais irán xurdindo actividades que se sumarán ás que xa se anuncian”.
Inés López Couto destaca que “como gran referente da actividade outonal está a obra de teatro Yo solo quiero irme a Francia, cun elenco de actrices moi coñecidas, entre elas Maria Galiana, a famosa doña Herminia, de Cuéntame. É unha obra que se estrea en Galicia no mes de outubro e chegará a Foz o 21 de novembro ás 20:30 horas na Sala Bahía. Grazas á colaboración intensa que ten o Concello de Foz con Agadic logramos ter a maior programación teatral (incluíndo espectáculos de maxia, danza, circo, etcétera) da Mariña neste segundo semestre do ano”.
Toda esta programación poderá ser consultada na web e redes sociais do Concello, así coma nun libriño en papel que se poderá atopar na Delegación de Cultura ou en calquera dos eventos que organizamos.
Para esta fin de semana, o venres ás 19.00 horas no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño poderase escoitar a charla O convento de San Martiño de Mondoñedo na Idade Media (s.XII-XVI), da man de Carlos Andrés González Paz. Ese mesmo día ás 20.00 horas na Casa da Cultura haberá a segunda obra de teatro do certame de Fegateatro, que organiza Pico do Castro: Vaia idiotas, de Damecuerdateatro, para a cal o prezo da entrada é de tres euros.
O sábado 13, na praza Conde de Fontao ás 20.00 horas representarase Globe Story, unha obra de mímica pertencente ao itinerario Constelacións, de Camiño Escena Norte. “Colaboramos con este evento, con financiamento municipal, e formamos parte desta rede de municipios e compañías de varias comunidades autónomas para compartir a cultura que nos une”, explica a concelleira.
Ademais esta fin de semana poderase facer deporte coa ruta Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista de Foz o sábado. Tamén o venres haberá festa fin de verán na parroquia de Nois, con cea e música no seu Centro Cívico; e o sábado, sardiñada popular na parroquia de Cordido.
“Continuamos traballando para traer a mellor cultura galega ao municipio, sen esquecernos da que se xera noutras zonas do estado. Ademais o traballo das asociacións de Foz acabará de poñer a guinda a unha programación moi completa para que calquera poda facer actividades diferentes no noso pobo”, finaliza o alcalde, Fran Cajoto.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



