A Escola Politécnica Superiror acollerá do 23 ao 26 de setembro este encontro científico , que afonda no impacto do pastoreo na rendibilidade e na sostibilidade da actividade agrogandeira ou na prevención de lumes
Lugo, 12 de setembro de 2025. A Escola Politécnica Superior de Lugo acollerá o 23 ao 26 de setembro a Reunión Científica da Sociedade Espalola de Pastos, que se celebra por primeira vez na provincia co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Rural Daniel García, a concelleira de Partipación do Concello de Lugo Cristina López, a directora da EPS Rosa Romero e María Bande e Andrés Osoro, membros do comité científico do congresso, acompañados por Isabelle Gómez e Eloi Villada da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e pola presentaron este venres o programa deste encontro científico que leva por título “Os pastos como elemento vertebrador dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”.
Ao longo das catro xornadas de congresso, presentaranse máis de sesenta comunicacións científicas arredor dos eixos temáticos que articulan o programa: Biodiversidade e Servizos Ecosistémicos, Pastos forestais, sistemas agrosilvopastorais e prevención de incendios, Produción vexetal, Produción animal e Historia e Economía Agraria. Tamén se ofrecerán relatorios e se abrirán espazos de debate sobre as cuestións abordadas nas comunicacións. Ademais, a área de Rural exporá o funcionamento do programa de formación para infantil e primaria Da Escola á Granxa e da convocatoria de axudas directas ao pastoreo “O que non arde”
Daniel García agradeceu o “compromiso e apoio da dirección da Escola Politécnica em iniciativas que contribúen á transferencia de coñecemento” e destacou a “importancia de achegar á nosa universidade eventos de carácter científico, investigadore e divulgador que refrenden o seu papel referencial em materias relacionadas cos sectores agrogandeiro e forestal”.
Nese sentido, subliñou “a necesidade de incorporar o coñecemento xenerado polo estudio e a investigación á prevención de lumes, lembrando o documento con máis de 100 medidas propostas de mellora da xestión na prevención e extinción de lumes que un grupo de expertos trasladou á Comisión de lumes celebrada no 2.018 no Parlamento de Galicia”
O congreso inclúe tamén visitas das persoas participantes a granxas da provincia com pastoreo como Traloagro, Casa Bértolo, Gandería Palmeiro, Airas Moniz ou Casa da Fonte.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



