A convocatoria de axudas, dirixida a ganderías con cabalar, ovino, caprino ou porcino, está aberta ata o 29 de setembro
Lugo, 14 de setembro de 2025. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo realizará xuntanzas informativas sobre o programa de axudas á gandería extensiva “O que non arde” en Castroverde, o martes 16, ás 20.00 horas, no centro sociocultural Paco Pestana, e Mondoñedo, o xoves 18, ás 16.30 horas, no centro de interpretación GDR Terras de Miranda.
O deputado de Rural Daniel García e persoal técnico da área exporán os obxectivos do programa, dirixidos a ganderías con ovino, caprino, porcino ou cabalar, e detallarán os requerimentos e documentación necesaria para cumprimentar as solicitudes, co fin de facilitar o trámite ás gandeirías potencialmente beneficiarias.
Daniel García animou “a gandeiras e gandeiros a achegarse a estas reunións informativas, que organizamos para dar a coñecer o programa e atender as dúbidas e cuestións que poidan xurdir en relación con esta sexta edición, que se amplía a gando cabalar e que incorpora novidades tamén en canto aos investimentos e gastos subvencionables”.
A través da convocatoria “O que non arde”, á area de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia investimentos e gastos relacionados co manexo e a alimentación do gando en extensivo. O prazo de presentación de solicitudes abriuse o pasado 2 de setembro e manteresa aberto ata o 29 de setembro. As bases e formularios están dispoñible na web da Deputación de Lugo, no apartado Medio Rural> Subvencións Concorrencia Competitiva> O que non arde.
O programa, que conta cun orzamento de 385.000 euros, contempla a subvención da compra de pastores eléctricos e accesorios para o seu funcionamento como baterías ou placas fotovoltaicas, a compra e o mantemento de valados móbiles de malla electrificada, de valados fixos electrificados, de colares intelixentes para a monitorización da actividade animal, de refuxios, de pasos canadenses e doutros elementos para silvopastoreo como cepos, curros, mangas, comedeiros e bebedeiros ou pasos canadenses. Ademais, as ganderías poderán financiar gastos complementarios como rozas puntuais para a instalación de sistemas de protección ou a suscrición a aplicacións de monitarización intelixente.
As axudas, en réxime de concorrencia competitiva, poderán chegar a un máximo de 6.000 euros ou 12.000, no caso de solicitudes que inclúan pasos canadenses ou colares intelixentes. Na valoración das solicitudes aplicaranse os criterios establecidos nas bases, que priman o silvopastoreo con animais de razas autóctonas, a condición de explotación prioritaria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REGA), a ubicación dalgunha das parcelas nas que se desenvolve a actividade en zona de montaña, a pertenza a asociacións de produtores gandeiros ou a titularidade feminina das ganderías, entre outros criterios

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



