A actuación supón un investimento de preto de 100.000 euros financiados ao 50% pola Xunta de Galicia a través do INEGA
Cervo, 16 de setembro do 2025. O Concello de Cervo acomete estes días traballos de substitución da actual caldeira de gasóleo da Casa Consistorial por unha nova instalación de biomasa (pellets), unha actuación que permitirá reducir as emisións contaminantes e mellorar a eficiencia enerxética do edificio, tal e como apunta a alcaldesa Dolores García Caramés, que supervisou a actuación coa concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.
Ata o de agora, o inmoble dispoñía dunha caldeira de gasóleo cunha potencia de 151,2 kW, que daba servizo ao sistema de calefacción. Para o seu funcionamento empregábase un depósito soterrado de 6.000 litros de capacidade.
A nova caldeira funcionará con pellets, un combustible renovable, limpo e de proximidade, o que supón un “importante avance no compromiso municipal coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático”, engadiu a rexedora. Para o seu almacenamento habilitarase un silo nun espazo anexo á sala de máquinas, que ata o de agora se destinaba a almacén.
Trátase dunha intervención que conta cun orzamento próximo aos 100.000 euros -97.883 euros concretamente- dos cales o 50% serán achegados a través dunha subvención da Xunta de Galicia, a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea mediante os fondos NextGenerationEU.
A alcaldesa apuntou que “con esta actuación reduciremos os custos enerxéticos, apostamos por unha enerxía máis respectuosa co medio ambiente e seguimos avanzando na modernización dos servizos municipais cunha instalación máis eficiente e adaptadas aos tempos actuais”.




















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



