Ribadeo, 18 de setembro de 2025. Ribadeo mellora zonas verdes no porto para garantir a seguridade. As actuacións rexístranse nas inmediacións da Fonte de Guimarán e no entorno do ascensor panorámico. Neste puntos prodúcense con certa frecuencia desprendementos de terra e de maleza.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “estamos actuando na zona portuaria concretamente desde a Fonte de Guimarán ata a capela de San Miguel. Toda esta zona lateral que está tendo problemas constantemente, durante moitos anos, con desprendementos de terra que afectan á rúa Calvo Sotelo, tamén hai desprendementos de maleza. Todo o peso que está soportando ten consecuencias e hai unha falta de seguridade en toda a rúa Calvo Sotelo desde a zona portuaria ata a entrada da zona do Cargadeiro e tiñamos que actuar. Solicitamos a colaboración da Xunta de Galicia e xa anunciábamos que despois do verán íamos actuar. Estes traballos estanse realizando a cargo da administración autonómica”.
O rexedor contou que “tamén vamos actuar en toda a zona do entorno do ascensor. Aquí estamos tendo problemas de desprendementos de terra e de maleza nesa zona. O que debemos facer en primeiro lugar é limpar e actuar para protexer toda esa zona e que haxa, evidentemente, un espazo seguro na rúa Calvo Sotelo e no entorno do ascensor. E despois ten que haber unha práctica de conservación de todo este espazo. Polo tanto, actuamos limpando e conservando e mellorando todos os espazos, todas as zonas verdes, que eu creo que é importante”.























A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



