A Vicepresidencia da Deputación e o Concello de Barreiros organizan o concerto que conta coa colaboración das pandereteiras de O Arco da Vella
Barreiros, 18 de setembro de 2025. Os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerán o sábado -20 de setembro- un novo concerto do ciclo “Cantos de raíz. Da raíz do canto” de Cantar Delas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O grupo coral feminino, con preto dunha trintena de integrantes, interpretará un repertorio que repasa a historia da música popular galega, desde as pezas transmitidas a través da oralidade ata os temas creados sobre os versos das voces poéticas máis senlleiras da nosa literatura a partir de fórmulas da poesía oral.
A formación lucense destacará nese percorrido histórico a contribución das mulleres á creación, conservación e renovación da música popular, sumándose á homenaxe colectiva que propuxo este ano a Real Academia Galega ao dedicar as Letras Galegas á poesía popular oral e ás cantareiras.
En liña con este propósito de visibilizar a raíz feminina da nosa tradición musical, o concerto contará tamén coa participación das pandereteiras da Agrupación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante, entidade que conta máis de 40 anos de traballo a prol da música tradicional.
O deputado Daniel García convidaron asistir ao concerto, “que ademais dunha coidada selección musical, ten tamén unha vontade divulgativa e que nos ofrece a oportunidade de afondar nas fórmulas de transmisión da música e coñecer as creadoras e intérpretes que desde o anonimato ou a autoría coñecida contribuíron a crear ese patrimonio común”
A alcaldesa de Barreiros Ana Ermida lembrou que “o concerto se suma a axenda de actividades culturais e musicais que programamos ao longo do ano no concello para que as veciñas e veciños de Barreiros participen da celebración da nosa música e da nosa identidade neste ano elixido pola Real Academia Galega para homenaxear as cantareiras”.
O concerto será ás 19.30 horas, con entrada libre e gratuíta. O ciclo de actuacións, que comezou o pasado mes de maio e que programou concertos en Taboada, Lugo, Samos e A Pobra do Brollón, rematará o vindeiro mes de outubro en Vilalba.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



