Os populares aseguran que este plan está xerando máis caos circulatorio, inseguridade viaria e un gasto adicional innecesario nas arcas municipais
Foz, 22 de setembro de 2025. O voceiro do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, denuncia “o fracaso total do plan de mobilidade deseñado polo señor Cajoto”, que segundo os populares está xerando máis caos circulatorio, inseguridade viaria e un gasto adicional innecesario nas arcas municipais.
Castiñeira puxo como exemplo a situación da rúa Alfonso X, onde o Concello está a realizar obras para modificar o sentido da circulación. Estes cambios contradín o propio plan de mobilidade aprobado polo Goberno local e evidencia que “se trata dun proxecto improvisado, sen planificación e cun elevado custo económico”. “O alcalde ten que rectificar decisións que el mesmo tomou, o que implica gastar máis cartos públicos sen mellorar a vida dos veciños”, lamenta Javier Castiñeira.
O PP de Foz tamén poñen o foco na rúa Eduardo Pondal, que pasará a ter sentido ascendente cara o cruce da Telefónica con Salvador de Madariaga. Para os populares, esta modificación “é un auténtico perigo”. “Este entroque é moi complexo, con moito tráfico e pouca visibilidade. Salvador de Madariaga quedará con dous sentidos de circulación nun tramo moi curto, xusto preto da glorieta. Os camións van atopar serias dificultades para maniobrar e estamos convencidos de que se vai converter nun punto negro de tráfico”, advirte Castiñeira.
Os populares denuncian tamén que estas obras coinciden coas do barrio das Casas Baratas, que acumulan máis de dous anos de retraso e un sobrecuste superior a 150.000 euros. “Estamos ante un auténtico despropósito. Os veciños levan soportando retrasos continuos e un incremento do gasto que xa supera os 150.000 euro, só nas obras na zona das Casas Baratas. Agora, con todas estas actuacións solapadas, agárdanos un auténtico caos circulatorio durante meses”, indica o voceiro do Partido Popular de Foz.
O PP lembra outros exemplos de improvisación, como os problemas na avenida de Sarria, onde os autobuses escolares chegaron a quedar atrancados, ou as deficiencias nas actuacións da rúa Irmandiños e Corporacións.
“Todo isto demostra que Cajoto non ten un plan serio nin escoita a ninguén. As súas decisións son parches improvisados que custan cartos e complican a vida dos veciños”, engade Castiñeira.
Os populares conclúen que o plan de mobilidade de Cajoto “naceu mal e está rematando peor”, e instan ao alcalde a rectificar. “Non pode seguir tirando cos cartos dos focenses. Urxe que escoite ao veciños e aos que coñecen a realidade do tráfico en Foz antes de seguir improvisando”, remata Javier Castiñeira.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



