Ribadeo, 26 de setembro, 2025. “A mala xestión de Daniel Vega desprotexe as parroquias ribadenses”, afirma o BNG. Os nacionalistas explican que: “Comeza o outono e de novo temos que facer fronte a unha situación de risco de lume nos nosos montes. Nestes momentos, toda a comarca da Mariña está en situación potencial de risco de incendios. Cada outono o vendaval vai secando as terras e fai aumentar a probabilidade de lume incontrolado. A experiencia está aí”.
“Está facendo o concello o seu traballo na prevención do lume nos montes ribadenses? Temos que dicir que non. A 25 de setembro no concello aínda non comezaron os traballos do contrato de tratamentos preventivos mecanizados. Ditos traballos teñen que estar rematados, pagados e xustificados a 15 de outubro. E aínda non están iniciados a día de hoxe. E iso que o convenio para os desenvolver estaba asinado xa desde o mes de abril. Por se non fose pouco, dispuxo de tempo extra a raíz das prórrogas concedidas pola Xunta para levar a cabo este labor. E nin con esas puido cumprir coa súa obriga”.
“Como xa dixemos, estamos en situación de alto risco de incendios en toda a Mariña, como todos os anos no outono e co predominio do vento do sur. Pero dá a impresión de que ao goberno municipal do señor Vega pouco lle importa. De feito, desde o ano 2022 apenas se viu actuación algunha na faixa segunda de tratamentos preventivos arredor das casas e núcleos. Por moito que o alcalde presuma de xestión, velaquí temos outro exemplo de falta de actuación por parte do goberno municipal. A neglixencia de todo o equipo de goberno, co seu alcalde á cabeza, pon en perigo a seguridade das casas e da veciñanza. A forza váiselle toda pola boca para anunciar festa. Pero non é quen de aplicar medidas preventivas contra o lume nos nosos montes”.
“Ribadeo foi un referente modélico nas políticas de prevención do lume e na protección de vivendas e núcleos de poboación. Pero con este alcalde e con este goberno municipal do PP imos cara a atrás. E Ribadeo merece máis; moito máis”, conclúen.





















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



