A actuación permitirá crear 20 locais nun edificio de 351,20 metros cadrados cun investimento de 123.237,96, financiado pola Deputación de Lugo euros
Burela, 2 de outubro de 2025. O Concello de Burela iniciou este martes as obras de reforma das antigas vivendas dos profesores co obxectivo de habilitar estes espazos para o uso das asociacións do municipio.
O edificio está formado por catro antigas vivendas de profesorado, das que xa se viñan utilizando algúns espazos por parte de asociacións como a ANPA do CEIP Os Castros ou a Asociación Raíces Peruanas. Pola contra, o inmoble atopábase “nun estado que facía necesaria unha reforma integral para adaptalo de maneira adecuada ao seu uso social”, segundo explicou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
As vivendas, que orixinariamente contaban con tres dormitorios, un baño, salón comedor e cociña, serán transformadas en vinte locais sociais que se destinarán tanto ás entidades que xa estaban instaladas como a outras que o soliciten. En total, acondicionarase unha superficie construída de 351,20 metros cadrados.
O proxecto contempla a retirada das carpinterías exteriores e interiores, a demolición dos aseos e cociñas actuais, a limpeza e pulido dos solos da terraza, a reposición dos pavimentos dos baños, a instalación de novas carpinterías de PVC e varandas de aluminio, a renovación da instalación eléctrica, o pintado integral dos espazos, a execución dunha soleira exterior que permita o acceso a persoas con mobilidade reducida e a mellora da impermeabilización para eliminar humidades, entre outras accións. O orzamento total da actuación será de 123.237,96 euros financiado pola Deputación de Lugo.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, explicou que o seu obxectivo é que “as asociacións conten con espazos dignos, accesibles e seguros para reunirse e traballar” e engadiu que “estas obras tamén son un exemplo de como recuperar e darlle nova vida a edificios municipais que estaban sendo pouco aproveitados, converténdoos en recursos útiles para a veciñanza”.
Ramiro Fernández Rey, destacou que esta actuación “supón un paso importante para que as asociacións dispoñan de locais en condicións axeitadas e poidan desenvolver a súa actividade do mellor xeito posible”, ao tempo que reafirmou o compromiso do Concello de Burela en “apoiar e facilitar o labor do tecido asociativo local”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



