A análise permitirá comprobar se as eléctricas presentaron datos de facturación inferiores aos reais, garantindo unha recadación xusta da taxa polo uso do dominio público local
Vilalba, 2 de outubro de 2025. O Concello de Vilalba vén de dar un novo paso para garantir a xustiza fiscal e a defensa dos intereses veciñais. Tras detectarse unha posible alteración nos datos de facturación presentados polas compañías eléctricas —base sobre a que se calcula a taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local—, o goberno municipal contratou unha empresa especializada que elaborará un estudo de circunstancias para comprobar se existe fraude.
A taxa, regulada por unha ordenanza aprobada no ano 2019, establécese aplicando unha porcentaxe sobre a facturación da enerxía que circula por Vilalba. Se as empresas estivesen a declarar cifras inferiores ás reais, estarían a pagar menos do que corresponde.
O estudo contratado permitirá esclarecer esta situación e, no caso de confirmarse o fraude, o Concello podería recuperar máis de 300.000 euros.
O contrato coa empresa encargada deste traballo ascende a 17.984 euros, mais este importe só se aboará unha vez que o Concello recupere a totalidade da cantidade prevista. Ademais, no caso de que a recadación efectiva sexa inferior ao 25% da estimación inicial, aplicarase unha regra de proporcionalidade e o Concello só pagará a parte correspondente.
Deste xeito, o estudo non suporá ningún custe directo para as arcas municipais e permitirá ao Concello defender con firmeza os recursos públicos que lle corresponden a Vilalba.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que esta medida “amosa a vontade do goberno local de non deixar pasar nin un euro que pertenza ao pobo de Vilalba” e engadiu que “seremos firmes coa defensa dos intereses da veciñanza fronte ás grandes compañías que se benefician do noso territorio”.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



