Foi unha concentración simultánea en toda Galicia. No caso da Mariña foi en Ribado nos Cantóns do Moreno.

Foi unha concentración simultánea en toda Galicia. No caso da Mariña foi en Ribado nos Cantóns do Moreno.
As Confrarías de Viveiro irán con Presidencia en cada un dos Estandartes que as representa, sendo un motivo de agradecemento coa organización, por contar coa súa presenza para tal efeméride. Desprazaranse nun autobús, no que nestes momentos dispón dalgunhas prazas libres polo que se algún Confrade de calquera das Confrarías quere asistir e participar na Procesión, a Xunta de Confrarías convídao; para iso pode chamar ao 670511744 ou ao 629807368.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con Fran Rivas, da organización da VespaFaba & Clásicos Lourenzá; co fabeiro Ricardo Yáñez; e con Rafael Cabaleiro, da confitería Neli, que elabora tortas e empanadas de fabas.
Rematou con empate técnico entre o Río Xunco e o Río Cobo. Con especial agradecemento a Alba María, Lupe Blanco, Caxoto e Carmen Conde de Tarabela Creativa. O Festival de Narración de Cobo a Xunco levou contos e historias cada venres de setembro a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que culminou co Peche na Casa da Cultura, nunha batalla dialéctica entre os embaixadores/as dos dous ríos, Xunco (Caxoto) e Cobo (Carmen Conde).
O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar. Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.
A cita é ás 20 horas con posteriores petiscos para xs asistentes.
Este martes 30 de setembro "soubemos do pasamento do noso veciño e amigo Xosé Luis Barrera Rei. Desde o BNG de Ribadeo queremos transmitir o noso pésame a toda a súa familia e renderlle homenaxe a unha persoa que sempre amosou as súas inquedanzas pola nosa cultura, polo mundo do deporte, e polo seu país: Galiza". Xosé Luis Barrera Rei estivo vinculado ao mundo da cultura ribadense, nomeadamente ao grupo de teatro, e ao mundo do deporte; tamén foi responsábel local do BNG nos anos oitenta. Tres foron as súas paixóns: Galiza, Cuba e o seu Deportivo da Coruña. Na veciñanza queda un recordo moi agradecido polo seu compromiso co país e con Ribadeo. "Sempre formarás parte da nosa memoria, Barrera".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital