José Tomé Roca e Cándido Paleo Rejes formalizaron no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración polo cal a Deputación de Lugo financiará un total de 18 actuacións na rede viaria para arranxar 11,2 quilómetros de estradas neste concello da Mariña
Lugo, 11 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Tenente de Alcaldesa de Alfoz, Cándido Paleo Rejes, veñen de formalizar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración polo cal a institución provincial financiará con 250.000€ 18 actuacións na rede viaria deste concello. No acto da sinatura, que se celebrou na Sala de Xuntas, estivo tamén presente a Rexedora alfocense, Efigenia Maseda Paz.
“Somos o Concello dos concellos, esa é a idea que vertebra toda a nosa acción de Goberno. Demostrámolo con feitos como este acordo, que permitirá que Alfoz mellore significativamente a conectividade en 8 das 9 parroquias deste municipio”, valorou o Presidente. Este convenio servirá para o arranxo dun total de 11,2 quilómetros de estradas neste concello da Mariña.
Concretamente e mediante este acordo, Alfoz poderá mellorar:
Na parroquia de Carballido, 749 metros no entorno do circuíto de motocrós; o acceso ao lugar da Agüeira (510 metros); e a comunicación coa parroquia de Adelán mediante o arranxo de 1,16 quilómetros de vía.
Nesa parroquia de Adelán actuarase en 2,13 km do camiño das Anduriñas.
Entre a parroquia Mor e Reirado, mellorarase o camiño que vai desde a estrada provincial LU-P-0207 ao Liñar (477 metros); e tamén un camiño no Penido.
Na parroquia de Bacoi acondicionaranse 331 metros dun camiño no Gorvidal.
Na de Lagoa, un en Lavanco (477 metros) e outro en Lameiro (134 metros).
Na parroquia das Oiras melloraranse 264 metros en Insua Nova e outros 250 metros doutro camiño na Trabada.
E finalmente, no Pereiro levaranse a cabo 6 actuacións para acondicionar un camiño no Rubeiro (187 metros); outro na Pesquita (648 metros); o que vai desde a LU-P-6306 a Faián (975 metros); e a Ferradás (636 metros); outro no Celeirote (487) e o último en Celeiro Vello (765 metros).
Os traballos consistirán na limpeza das cunetas e a mellora do firme. Nalgúns casos abrirase a caixa da estrada, naquelas vías con maior desgaste; noutros casos acometerase un rasanteo e compactado con base de zahorra; ou bacheo, segundo as necesidades de cada treito.
Explicou o Presidente que a maquinaria agrícola, as condicións climáticas e o paso do tempo “desgasta as vías no rural da provincia e moitas veces os concellos pequenos non contan co orzamento suficiente para poder acometer estas actuacións. Por iso é importante esta colaboración, máis alá do económico, para mellorar a vida dos veciños e veciñas deste concello”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



