O 12 de outubro foi elixido como festa estatal por ser a data na que Cristóbal Colón chegou a América en 1492. Feito que se considerou o inicio dun período de proxección lingüística e cultural de España alén dos límites europeos. precisamente cando o Reino de España perdeu no 1898 despois da guerra cos EUA Cuba, Puerto Rico, Guam e Filipinas e, xa que logo, a súa dimensión extraeuropea. Aquela que definía na Constitución de Cádiz (1812) a Monarquía hispánica como “la reunión de españoles de ambos hemisferios”.
Velaí como xurde a proposta do “Día de la Raza” do maurismo conservador no 1914, corrente política que afastará a extrema dereita conservadora dos valores liberais e democráticos e fornecerá de cadros civís(como Goikoetxea, Calvo Sotelo ou Eduard Aunós ) á Ditadura de Primo de Rivera. Menos coñecido é que moitos xóvenes mauristas (como Aunós ou o marqués de Figueroa) partillaron na Solidaritat Catalana e na Solidariedade galega. En Catalunya a colaboración do maurismo coa Lliga Regionalista de Prat de la Riba e de Cambó durou até a Asemblea de Parlamentarios convocada por éste no 1917. Na Galicia non faltan os xoves mauristas que concorren nas Irmandades da Fala de 1916 e 1917, xerme da I Asemblea Nacionalista de 1918, mais axiña o integrismo español arrombou as tendencias galeguistas no colectivo.
Unha denominación tan pouco axeitada como “Día de la Raza” durou, porén, até 1958 na que foi substituída polo “Día de la Hispanidad”. A efeméride sempre estivo vencellada á reivindicación do nacionalismo español como alicerce do acervo común dos países latinoamericanos, sen oco nin concesión ningunha ás linguas e culturas da América precolombina nin á pluralidade nacional do Estado español.
Para moitos, no Estado e, sobre todo, na América Latina, conmemorar esta data como un motivo de orgullo ignora ou minimiza as consecuencias destrutivas da conquista e colonización para as poboacións indíxenas, como son a tráxica redución da poboación indíxena (que moitos alcuman de xenocidio) por mor de guerras, doenzas importadas da Europa e explotación económica e mailo sometemento e imposición cultural e relixiosa no prexuizo das civilizacións precolombinas.
A denominación de “Día de la Raza” é un termo anacrónico e racista, rexeitado pola maioría. A denominación “Día de la Hispanidad” tamén se critica por glorificar un pasado imperialista, mentres que noutros países a data foi substituída por nomes como “Día da Resistencia Indíxena” ou “Día do Respecto á Diversidade Cultural” sinalando unha clara división de sensibilidades.
Por outra banda, o feito de que os actos centrais desta Festa sexan un desfile militar e un “besamanos” é visto por moitos como anacrónico nunha democracia moderna. Impresiona que a democracia nada da transición non celebre os valores cívicos nin a convivencia democrática, no canto da exhibición de forza militar ou de escenas de cortes pretéritas. O desfile, xunto coa forte presenza de símbolos vencellados á España unitaria , é un acto de españolismo centralista e excluínte, que non representa a pluralidade e diversidade territorial de España (nomeadamente en Catalunya, Euskadi e Galicia).
É normal, pois, que unha data tan inzada de contido colonialista, militarista e centralista non encaixe, xa non só, coa sensibilidade dos soberanistas galegos, cataláns e vascos senón tampouco coa sensibilidade de millóns de persoas que, definíndose españolas, non partillan contidos tan arcaicos e anacrónicos.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



