Os populares demandan mellorar a formación naútico-pesqueira adaptándoa ás necesidades do sector, axilizar o proceso de homologación de titulacións, asinar novos convenios con terceiros países, corrixir os criterios dispares que aplican as capitanías marítimas e excluír a ameaza de impoñer unha redución da xornada laboral que descoñeza as peculiaridades do sector
A Mariña lucense, 15 de outubro de 2025. O parlamentario lucense do Partido Popular, José Manuel Balseiro, trasladará no Senado cinco prioridades que o Goberno de España ten que afrontar para asegurar o relevo xeracional no sector pesqueiro. A moción será obxecto de debate hoxe na Comisión de Pesca da Cámara Alta prevista para as 11.00 horas.
A primeira das medidas ten que ver coa importancia de mellorar a formación naútico-pesqueira, adaptándoa ás necesidades do sector. Balseiro pide favorecer as posibilidades de obtención de novos títulos, mediante unha maior oferta de formación regrada e dual, de cursos online e aproveitando a estancia en terra para que os alumnos, xa tripulantes, poidan completar a súa formación e ver recoñecida as súas prácticas e experiencia laboral.
“Os profesionais do mar din que unha das maiores trabas que se atopan á hora de pensar no seu presente e futuro está na dificultade de atopar tripulantes, dispostos a enrolarse nunha embarcación, con especial dificultade cando se trata de cargos de mando, en ponte, pero tamén en máquina”.
A segunda das medidas ten que ver coa necesidade dunha maior axilidade na homologación de títulos, tanto daqueles procedentes de países cos que asinamos convenios internacionais, os cos que se poidan asinar no futuro, “en liña co que xa se está a facer por parte da Mariña Mercante” como, en terceiro lugar, coa axilización do sistema para o recoñecemento automático daqueles títulos emitidos en países procedentes da Unión Europea.
“Non é aceptable que moitos dos que aspiran a traballar nun barco pesqueiro non poidan facelo, non por falta de formación, senón por un trámite administrativo incompleto, que se dilata no tempo”.
En cuarto lugar, a moción dos populares insta ao Goberno de España a ditar as instrucións oportunas para a unificación, simplificación e axilidade da toma de decisións por parte das distintas Capitanías Marítimas porque “moitos profesionais se están atopando con criterios dispares sobre a aplicación da mesma norma”.
Finalmente, os populares instan ao Goberno a excluír calquera pretensión de reducir a xornada laboral ao sector do mar, aplicándolle medidas xeneralistas que descoñezan as súas peculiaridades. A ameaza persiste a pesar de que o Real Decreto que inicialmente pretendía aprobar o Goberno de PSOE e Sumar non acadou a maioría parlamentaria necesaria, porque “non se pode lexislar desde os despachos de Madrid, de costas á realidade do sector”.
“Basta con achegarse a calquera porto para observar que son demandas recorrentes dos profesionais da pesca fronte ás que fixeron oídos xordos desde o Ministerio”, conclúe Balseiro.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



