Hai moito tempo xa que Bic foi sinónimo de bolígrafo. Hoxe coido que todo o mundo entende, se se lle di ‘pásame un bic’, que se lle está a pedir un bolígrafo; a marca non perdeu aínda esa ligazón, pero está a piques de perdela.
Mais ó nome da empresa asociado ó bolígrafo, ao menos en Ribadeo, saíulle un competidor forte, os BIC, os Bens de Interese Comunitario. Cinguíndonos a Ribadeo, casos como son a Muralla, a Torre dos Moreno, o conxunto histórico (‘casco vello’) de Ribadeo, o Camiño norte, e o Forte de San Damián, aínda que non aínda a Illa Pancha e algún outro que pode chegar a selo (https://abertos.xunta.gal/catalogo/administracion-publica/-/dataset/0375/bens-interese-cultural-bic/001/descarga-directa-ficheiro.ods). En relación co forte, precisamente, estes días pasados tivo lugar o encontro ‘Ribadeo cara ao Mar’, ‘Xornadas arredor do Forte de San Damián 2025’.
As xornadas tiveron unha mesa redonda final cun tema que estimo é sumamente raro en Ribadeo; de feito aplaudín porque entendo que é a primeira vez que teño noticia que se tratara de xeito máis ou menos relacionado coas institucións e de forma aberta o futuro dun ben público, neste caso o BIC Forte de San Damián. En certa forma, iso ven a significar unha especie de maioría de idade do BIC, a súa entrada na sociedade que o xerou mantendo unha voz de ti a ti coa xente.
A máis dos catro integrantes da mesa e posteriormente o alcalde de Ribadeo, que pasou a formar parte dela, puideron participar as persoas do público que quixeron. Se ben hai que dicir que houbo menos xente que noutras actividades das xornadas, e que a intervención foi reducida, perdendo quizais por ese motivo parte da pegada que podía ter tido, que aínda así estimo foi abondosa.
Na mesa redonda apuntouse á necesidade de persoal para a atención e a dificultade do seu mantemento (do persoal e do propio entorno), o desexable evitar do uso para festas particulares sen relación co entorno ou a petición dun centro de interpretación. Facendo fincapé nalgunhas das miñas propostas (en particular, polo que explico en baixo), na máis de hora e media que durou, apuntei:
A posibilidade de apertura do recinto do forte como parque, á vista da agradable estancia que estabamos a ter sentados ó aire libre. Para elo, uns bancos non virían mal.
A conveniente integración nunha ‘ruta das defensas da ría’ interautonómica, como baluarte principal que podería albergar un centro de dinamización máis ca un típico centro de ‘interpretación’. Tendo en conta a máis que se tiña falado con anterioridade do erro que é hoxe por hoxe o ‘Centro de interpretación da ría’ en Sta. Cruz, ó que me teño referido en diversas ocasións.
A necesaria integración e coordinación nunha rede de lugares senlleiros de Ribadeo, tentando aproveitar sinerxias, difusión e atracción. A ter en conta que, de feito, as xornadas tiveron actividade sedentaria en tres lugares diferentes. A máis do Forte, na Capela da Atalaia e no Salón dos Alcaldes da Casa Consistorial. Ribadeo, ó igual que toda Galicia, ten moitas pequenas cousas que se farían visibles e apoiarían mutuamente encaixadas nunha rede tal.
A consideración do dito ‘Deixade que os nenos se acheguen a min, porque deles é o reino dos ceos’: actividades dirixidas para unha franxa de idade que logo se pode ir estendendo, pois o forte (e moitos BIC, como a vida) ten lectura e atracción a diferentes idades. Isto encadra co que xa fora tratado con anterioridade de prestarse a visitas dos colexios, sendo nembargantes unha idea ben diferente.
O forte non ten por que estar cerrado a actividades diversificadoras. Así, a máis da súa base histórica, pode ser tamén cabeza de visitas xeolóxicas ós seus arredores, dunha beleza e xeoloxía que non lle teñen que envidiar ós das Catedrais. E tamén se pode usar para exposicións permanentes. De feito, nese sentido, poderá ser ou non adecuado lugar para a ampla exposición de cunchas e bolboretas de David Antonio López Álvarez, hoxe por hoxe case invisible, pero pode acubillar no futuro algunha outra colección que beneficia ó lugar e se beneficiase do acubillo.
Hai un vídeo (todos os encontros das xornadas foron gravados) da mesa redonda, accesible en https://www.youtube.com/watch?v=1yalQ8xHCWM . A dicir que os meus comentarios, dende a zona de público, apenas son audibles se non se fedella nos mandos do son. Por outra banda, algo longo (hora e media), pero interesante non só para o futuro do forte.























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



