Navia, 10 de novembro de 2025. O Concello de Navia informa sobre a planificación e o cronograma das obras de acondicionamento da Rúa Jovellanos, que xa deron comezo.
O proxecto deseñouse en varias fases co obxectivo de executar a renovación integral das infraestruturas. A obra inicial dividiuse en tres tramos, actuando en cada fase nun sector da rúa para así facilitar en todo momento o paso de peóns e vehículos.
Durante a primeira fase, que se estenderá ata a metade de novembro, os traballos inclúen: reformulo, valado, demolicións e movemento de terras, ademais da instalación de saneamento, drenaxe, abastecemento, baixa tensión e telecomunicacións.
A segunda fase está prevista ata a primeira semana de decembro. Repetirá os traballos de demolicións, movemento de terras e instalación de novas infraestruturas (saneamento, abastecemento, telecomunicacións).
E unha terceira fase que se desenvolverá ata a terceira semana de decembro. Esta fase afectará a toda a rúa e estará destinada á pavimentación e firmes, iluminación, mobiliario urbano, sinalización, control e seguridade final.
O Concello informa tamén que estas obras obrigaron á recolocación temporal dos contedores de lixo para que sexa posible a súa correcta recollida.
Agradécese a colaboración dos veciños e comerciantes de Puerto de Vega ante as molestias temporais que poidan ocasionar estes traballos, orientados a unha mellora substancial das infraestruturas da rúa.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



