Ribadeo, 25 de novembro, 2025. O venres 5 de decembro, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital IX: Administración electrónica. Ferramentas e axuda. Unha actividade pensada para favorecer o manexo e control das ferramentas coas que nos relacionamos coas institucións.
Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de preguntar na sesión, senón tamén de facer propostas para tratar ferramentas ou temas en concreto. Para o que se pediu ós asistentes que transmitiran as necesidades que observen, da petición de cita no Sergas á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades. Para transmitilas, pódese poñer en contacto con Mario Penelo ou outro dos membros de amarinha.gal, ou a través do móbil mpenelo+soberaniadixital@gmail.com.
A actividade consistirá nunha pequena presentación, exemplos e atención a algunhas ferramentas relacionadas coa administración e a privacidade. A máis, terá lugar como tradicionalmente o reparto dun fanzine con artigos sobre o tema e un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a novena actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da Biblioteca El Viejo Pancho, solicitados e concedidos polo concello para sucesivas presentacións e talleres sobre a necesaria a moitas veces esquecida soberanía dixital.
O fanzine co que se complementa a sesión, repartido por amarinha.gal con catro artigos, será en galego.
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade de optimismo tecnolóxico, e as implicacións para as nosas vidas.
Información complementaria
As actividades do ciclo ata o momento trataron de:
– Retomando as prazas públicas / Redes sociais
– Temos en común o coñecemento da Wikipedia / Mundo Wikimedia
– Sistemas operativos / Linux
– Blogs, información descentralizada / Unha alternativa informativa
– A IA. Posibilidades e perigos / Un tema enfocado ó futuro
– Dominio público / Tamén teu
– Contralgoritmia
– Solarpunk. Taller de futuros optimistas






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



