Ameijide rebate a Tomé: “Tan só un dos 67 concellos das provincia ten as estradas en bo estado, xustamente o que goberna José Tomé, unha mostra máis da súa falta de solidariedade, de igualdade e sectarismo”
Lugo, 27 de novembro de 2025. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afea a José Tomé que presuma “do maior investimento na historia” da rede viaria provincial, a pesar de que “os números e os feitos confirman que minte”.
Antonio Ameijide recorda a José Tomé que “o maior investimento na rede viaria provincial foi dun goberno do PP, que foi que creo a rede viaria que vertebra toda a provincia”, así como que “os constantes accidentes que seguen a producirse polo nulo mantemento que se realiza na rede, provocan que se sigan a resolver reclamacións por responsabilidade patrimonial”.
O estado da rede viaria provincial “é moi perigoso” en 66 dos 67 concellos da provincia debido a que “José Tomé só se preocupa de coidar as carreteras da Deputación que percorren o municipio do que é alcalde”, algo que se confirma en que PSOE e BNG seguen a resolver reclamacións por responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados a vehículos nas vías da Deputación.
O 11 decembro de 2023, na LU-P-1611, á altura do punto quilométrico 13.950, un vehículo sufriu un impacto que provocou danos na lamia dianteira esquerda, así como no pneumático e no amortiguador, todo ao pasar por unha fochanca de gran profundidade na calzada.
A estrada LU-P-1706 foi protagonista de dous accidentes. O 3 novembro de 2024, no punto quilométrico 6, un vehículo sufriu danos en dous dos seus pneumáticos e nas lamias debido a unha fochanca na calzada; así como o 2 de xuño de 2025, en Mos (Castro de Rei), no punto quilométrico 6.725, outra fochanca de grandes dimensións provocou danos noutro vehículo.
O 19 maio 2024, na LU-P-3201, no punto quilométrico 1.2, tivo lugar o sinistro dun vehículo debido ás fochancas existentes na calzada.
Antonio Ameijide explica que “estas novas reclamacións seguen a darnos a razón e a amosar como PSOE e BNG en lugar de manter a rede viaria provincial en boas condicións, o único que fan é mentir ao negar esta realidade, xa que a rede viaria provincial é perigosa, algo que queda patente a través dos accidentes que se producen case a diaria derivados das fochancas e as eivas que hai na calzada”.
“De nada serven os anuncios e os plans que presenta José Tomé, nada máis que para que teña unha foto nova, porque a realidade é que as estradas están nun estado moi malo de conservación en 66 dos 67 concellos da provincia”, sentenciou.
Neste senso, Antonio Ameijide explica que no que vai de ano xa se resolveron en torno a 50 reclamacións por responsabilidade patrimonial derivadas de danos producidos en vehículos polo mal estado da rede viaria provincial.
Todas estas reclamacións amosan tamén como hai numerosos puntos nos que se repiten os accidentes sen que PSOE e BNG se preocupen por poñer unha solución porque a realidade é que “as fochancas aumentan de tamaño facendo aínda máis perigosas as estradas provinciais que levan anos sen manterse”.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



