O Partido Popular vilalbés insiste en demandar o debido mantemento de tódalas instalacións municipais, tanto as deportivas coma as culturais, esquecidas polo bipartito nos últimos anos
Vilalba, 27 de novembro de 2025. O Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba esixirá no Pleno deste xoves a comparecencia da concelleira responsable da área de Deportes para dar explicacións ante o estado deplorable das instalacións deportivas municipais e as solucións que pretende adoptar o goberno de PSOE – Vilalba Aberta ante a falta de mantemento.
Os populares consideran “urxente” tomar medidas para evitar que se repitan situacións coma as acontecidas a pasada fin de semana polo mal estado das instalacións da Madalena: unha parada nun encontro oficial porque as liñas do terreo de xogo non estaban pintadas correctamente e nenos obrigados a ducharse en auga fría pola falta de previsión e mantemento das caldeiras do campo artificial.
“É inadmisible que un encontro oficial teña que deterse e que os nenos non dispoñan de auga quente porque o Concello non cumpre coa súa obriga de manter as instalacións”, subliñan.
Os populares cren que “esta incidencia pon de manifesto a deficiente coordinación e xestión por parte do goberno local e evidencia unha clara deixadez na xestión do mantemento e conservación das instalacións deportivas”.
O Partido Popular vilalbés insiste en demandar o debido mantemento de tódalas instalacións municipais tanto as deportivas coma as culturais para estar á altura do que merecen clubs, deportistas, asociacións e familias de Vilalba.
Os concelleiros do PP apuntan que “nos últimos anos os representantes municipais esquecéronse por completo do mantemento diario das instalacións municipais”.
Un exemplo é a amortización, no último orzamento, da praza de persoal que realizaba as labores de mantemento e acondicionamento mentres “pagan case o dobre (50.000€) a unha empresa externalizando o servizo sen que os responsables políticos controlen se se realizan ben os traballos”. Nese sentido, lembran que “non é a primeira vez que teñen este problema”.
E outro exemplo claro é que “nos últimos 4 anos, o goberno bipartito non dirixiu ningún recurso económico para o mantemento do auditorio municipal, o buque insignia da cultura vilalbesa”, conclúen.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


