Burela, 1 de decembro, 2025. O domingo 30 de novembro tivo lugar a sétima e derradeira etapa da sexta edición do “Camiño Gastronómico do Mar”, que percorreu os concellos de Valdoviño, Narón e Neda, completando así os 15 concellos do norte de Galicia polos que pasa o “Camiño do Mar”.
O “Camiño Gastronómico do Mar” está organizado pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa cinco anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
Nas últimas sete fins de semana 340 peregrinos participaron nas diferentes etapas que foron percorrendo os 15 concellos da costa norte de Galicia, cruzando as comarcas da Mariña Lucense e Ferrolterra: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda.
En total 102 quilómetros de paseos que pisaron lugares tan emblemáticos e coñecidos mundialmente como a praia de As Catedrais ou o santuario de San Andrés de Teixido, atravesando incomparables paraxes naturais, costeiros e fluviais, e no que tamén se aproveitou para coñecer os principais recursos patrimoniais históricos de peregrinación dos concellos polos que transita o Camiño do Mar.
Outro dos grandes obxectivos cos que se lanzou esta iniciativa gastronómica hai xa cinco anos eran fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Peixe de Burela”. Por iso, ao final de cada etapa, ofreceuse a todos os participantes unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo dos chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrela Galicia, Cabreiroá e Coffee Urban Roasters.
Este ano puidéronse degustar ata 11 produtos pesqueiros distintos: pescada do pincho, cabra de altura, bertorella e maruca, da frota de palangre demersal; peixe espada e quenlla, da frota de palangre de superficie; bonito do norte da frota bonitera; ou xurelo, rape, raia e pota, das frotas de litoral do Cantábrico.
E, ademais da satisfacción de pisar camiños milenarios e saborear a gastronomía do mar, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar 2025” tamén puideron ir selando en cada concello a súa particular “Compostela”.
O presidente da Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente, asegura que se cumpriron amplamente os obxectivos marcados ao comezo da campaña: “foi un éxito e cada vez alcanza maior divulgación; este ano participaron máis de 300 peregrinos e podían ser máis, xa que en todas as etapas completáronse as prazas días antes da etapa. E en redes sociais superamos as 80.000 mil visualizacións durante este últimas sete semanas”.
Pola súa banda, desde a OPP Burela tamén confirman a boa aceptación deste peculiar formato de promoción do seu produto pesqueiro, que combina os mellores hábitos para unha vida saudable, combinando o coñecemento da nosa historia, deporte e gastronomía.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.


