Ao longo do século XX, a democracia, limitada ao Estado-nación, demostrou ser o único sistema político no que era posible loitar polo ben común e correxir as desigualdades sen necesidade de recorrer á violencia extrema. Pero tamén amosou que a súa lexitimidade está relacionada coa súa eficacia na defensa do interese xeral.
Mais a democracia, que xorde no contexto da industrialización e do Estado-nación, continúa hoxe ancorada nese eido, mentres que os poderes económicos, aproveitando os cambios políticos do último cuarto do século XX e os avances tecnolóxicos, foron quen de transcender ese espazo e condicionar así as políticas dos Estados, á marxe do que voten os cidadáns. Este cambio está detrás do grave deterioro dos sistemas políticos representativos e, xa que logo, da degradación do benestar social das sociedades europeas.
En consecuencia, temos un novo poder económico ao que as novas condicións políticas e tecnolóxicas lle permitiron rachar con toda dependencia respecto dos poderes democráticos dos Estados e quedar en condicións de responder só aos intereses dos mercados, mentres as institucións democráticas, limitadas aos Estados nacionais, fican impotentes para intervir no sistema económico mundializado.
Este é un dos grandes problemas que afronta hoxe o mundo libre: a incapacidade dos Estados democráticos para controlar os abusos dos poderes económicos globalizados, nos que arraiga boa parte do malestar que estamos a vivir.
Este feito obriga todas as forzas democráticas e de progreso, no conxunto de Europa, a transcender os propios Estados para converxer no espazo da UE cun proxecto común e compartido, non só sobre a construción europea, senón tamén para poder poñerlle freo aos abusos das grandes corporacións e do sistema financeiro, que nos están a levar á precarización social, á degradación dos servizos públicos e, como consecuencia, ao deterioro dos sistemas democráticos dos Estados.























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



