Olalla Rodil “a reducción das equipas médicas no Pac de Meira provoca unha merma na calidade asistencial”
Meira, 12 de decembro de 2025. O BNG vén de recibir a comunicación do persoal sanitario do PAC de Meira alertando dunha decisión extremadamente grave da Consellaría de Sanidade: reducir a un único equipo médico a atención urxente dun centro que presta servizo a seis concellos –Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto, Pastoriza e A Pontenova–, nun territorio extenso, disperso e cunha poboación maioritariamente envellecida.
Segundo puido coñecer o BNG, a Xunta de Galiza está deixando o PAC sen reforzo nas fins de semana e festivos, obrigando a que unha soa equipa teña que asumir máis de 60 pacientes no propio centro nun día, ademais de múltiples saídas a domicilio, algunhas delas de até dúas horas de duración. “Non estamos ante un feito puntual, senón diante dunha dinámica reiterada que evidencia unha decisión política: deixar o PAC de Meira con unha soa equipa médico”, alerta a deputada nacionalista Olalla Rodil.
Rodil considera inxustificábel e temerario que o goberno do Partido Popular pretenda manter esta situación de forma permanente, xerando unha asistencia sanitaria claramente insuficiente, que pon en risco tanto o persoal como a veciñanza dos cinco concellos afectados. “É imposíbel garantir unha atención digna nestas condicións. Isto non é unha reorganización: é un recorte encuberto que golpea, unha vez máis, ao rural”, critica a deputada
Por este motivo, a deputada Olalla Rodil rexistrou iniciativas para que o Parlamento galego esixa explicacións inmediatas ao goberno autonómico para manter con carácter permanente dúas equipas médicas completas no PAC de Meira, garantindo unha atención de urxencias segura, eficaz e á altura das necesidades reais da poboación destes cinco concellos do interior de Lugo.
“O rural non pode seguir sendo castigado co desmantelamento silencioso da sanidade pública. O PAC de Meira non pode ficar reducido a mínimos”, conclúe Rodil



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



