Madrid, 15 de decembro, 2025. O PSOE acusou ao PP de rexeitar no Senado un acordo para permitir o uso gratuíto das instalacións do antigo Colexio Pedrosa Latas e de impor unha solución que, segundo os socialistas, é inviable por estar fóra da legalidade.
O Grupo Socialista explica que o PP votou en contra da súa proposta para facilitar ao Concello o uso sen custo das instalacións. Engaden que, malia que “o senador Balseiro admitiu non ter claro que permite ou non a normativa, negouse a aceptar a man tendida dos socialistas para chegar a un consenso”.
Pola contra, a moción defendida polo PP solicita unha transferencia de propiedade que, segundo o PSOE, non é legal ao tratarse dun inmoble pertencente á Seguridade Social, que conta cun réxime patrimonial propio.
Os socialistas lembran que esta negativa do PP supón “un novo rexeitamento a un acordo beneficioso para Viveiro”, ao non aceptar unha emenda que buscaba o apoio unánime da Cámara á cesión gratuíta do uso do colexio, permitindo ao Concello destinar as instalacións aos usos que considerase necesarios. Tamén desmenten a afirmación de Balseiro de que o Concello non podería realizar reparacións, asegurando que un acordo co Goberno —que, segundo indican, está disposto— permitiría facelo.
O PSOE cualifica a moción popular de “incoherente”, ao ignorar que a propiedade é da Seguridade Social, ao esquecer que o pleno municipal reclamou tamén os locais da antiga comisaría por iniciativa do propio PP, e ao omitir que a Xunta puido asumir o colexio para outros usos cando deixou de empregalo como centro educativo.
Segundo os socialistas, esta situación súmase á “longa lista de erros” que atribúen aos senadores do PP por Lugo, e consideran que a proposta popular suporía un prexuízo para os veciños de Viveiro. Engaden que os gobernos de Aznar e Rajoy tampouco realizaron a cesión que agora reclama o PP, nin o PP local ou provincial a demandaron no seu momento.
O PSOE, a través do senador mariñán César Mogo, afirma que ofrecera unha solución para garantir o uso ilimitado e sen condicións das instalacións para a veciñanza, pero que os senadores do PP a rexeitaron. Conclúe que, “como ocorre cada vez que o senador Balseiro adopta unha posición, o acordo resulta imposible”, e acusan ao PP de priorizar a exposición mediática fronte aos intereses dos veciños de Viveiro e da Mariña.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



