O Valadouro, 21 de decembro de 2025. O venres 26 de decembro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura do Valadouro acollerá a presentación de Catro escritores do Valadouro, o caderno número 17 do SEVA. O colectivo cultural dedica esta nova publicación a repasar a traxectoria literaria de catro autores representativos da comarca: Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes.
Lourenzo, Ferreira e Pisón, ademais de contar cunha ampla obra individual, son coautores de títulos de referencia como Contos do Valadouro —colección de relatos e lendas publicada en tres edicións desde 1998—, Arqueoloxía do Valadouro (Deputación de Lugo, 2010) e o Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico Artístico do Valadouro, editado tamén pola Deputación en 2021.
Pola súa banda, Lionel Rexes suma catro novelas publicadas, todas elas recoñecidas con premios en diferentes certames narrativos. Participou igualmente en varios volumes colectivos de relatos e adoita definirse como aprendiz da que denomina “Escola literaria do Valadouro”, en referencia aos tres autores citados.
A portada do caderno foi realizada, como é habitual, polo artista plástico local Xosé Blanco.
A presentación estará a cargo dos membros da Xunta Directiva do SEVA: Eduardo Fdez. Galán (presidente), Juan Luis Pisón (secretario), Marco Candia (tesoureiro) e Xesús Pisón e Lionel Rexes (vogais).
Os socios do colectivo recibirán un exemplar gratuíto, mentres que o público xeral poderá adquirir o caderno durante o acto.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



