Burela, 21 de decembro, 2025. O mariñán Juanma Marrube Rodríguez (Alfoz, 1979) será o novo adestrador do Reyco Burela FS de Segunda División Masculina. O Mariskal regresa ao fogar laranxa despois de dirixir o Black Pearl United na zona alta da Primeira División tailandesa e tras a saída de David Rial.
Juanma Marrube é un profesional ligado ao crecemento e evolución burelista ao longo dos case 25 anos de historia da entidade. Defendeu a capitanía nas filas laranxas co 8 na camisola, da que se despediu en 2014 para emprender unha nova etapa no futsal, na parcela técnica. Tras estrearse nos bancos co Boal FS asturiano e encargarse da secretaría técnica do Burela FS, abandeirou a dirección do conxunto mariñán en Segunda División en 2017 e conduciuno ao ascenso á elite na tempada 2018-19, ademais de conquistar a Copa Galicia en 2018 e 2021. Tres tempadas e media na súa casa deron continuidade ao labor do adestrador mariñán co Soliss Talavera e O Parrulo Ferrol, en Segunda, e o Ribera Navarra, en Primeira.
O Mariskal volve a Burela, ao club da súa vida e do seu corazón, cunha enriquecedora experiencia nacional e internacional para asumir novos desafíos.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



