Barreiros, 26 de decembro de 2025. O Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, acollerá o vindeiro domingo, 28 de decembro, a entrega dos bíteres de honra Aurora Sampedro 2025. O acto está organizado polo Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
Ás 17 horas terá lugar a presentación do libro Premios Bítere de Honra 2024, do que é autor Manuel Rivero Pérez. Y ás 18:00 horas será a entrega dos bíteres de honra Aurora Sampedro 2025, que recibirán Xesús Mato (a título póstumo), Galicia Digital (como institución) e Yolanda Martinez Bajo (directora de Talento e Cultura do BBVA).
O acto será conducido polo profesor Bernardo Penabade. Esta é a segunda edición destes premios.
Desde a organización convidan a asistir ao evento “co que unha vez máis renderemos homenaxe a Aurora Sampedro Piñeiro, a nosa destacada científica e investigadora”.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



