Burela, 30 de decembro, 2025. Macarena Cárdenas Anguita (06/02/1992, Los Villares, Jaén) é a nova incorporación do Burela FS para o que resta da tempada 25/26. A á-peche chega procedente do Chiloeches, club no que militaba desde agosto deste ano.
Cárdenas debutou en Segunda División con só 15 anos no Pub Nono’s Arjona, onde xogou entre 2006 e 2010. Posteriormente incorporouse ao Martos Fútbol Sala, equipo no que permaneceu ata 2019 e co que logrou dous ascensos á categoría de prata. Entre 2020 e 2023 formou parte do Avanza Futsal, acadando o ascenso a Primeira Andaluza. Na tempada 23/24 xogou no Desguace París La Algaida e, na 24/25, no AD Ceuta FC, co que tamén ascendeu a Primeira División.
“Xogar en Burela é un reto e unha responsabilidade”
A xogadora explica así a súa chegada ao club mariñán: “Para min xogar en Burela é un reto e unha gran responsabilidade, tanto a nivel deportivo como persoal. Ter a oportunidade de axudar a conseguir o obxectivo grupal é un privilexio. O Burela é unha insignia do futsal feminino en España, polo seu crecemento, polo seu desenvolvemento e pola igualdade de oportunidades que ofrece. Calquera amante deste deporte debería sentirse en débeda con este club”.
Macarena defínese como “unha xogadora moi traballadora”, destacando a constancia como a súa maior virtude. “Son unha xogadora de corte defensivo, con boa lectura de xogo e capacidade para incorporarme ao ataque. Fóra da pista podo aportar saber estar e veteranía ás máis novas”.
Sobre os seus obxectivos, sinala: “A nivel individual quero ser máis ofensiva e determinante; e a nivel grupal, axudar a manter o Burela en Primeira División”.
A nova xogadora quixo tamén enviar unha mensaxe á afección: “Poderán saír as cousas mellor ou peor, pero pola miña parte nunca faltarán esforzo, dedicación e traballo”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



