Burela, 6 de xaneiro, 2026. O Vista Alegre acolleu o segundo derbi consecutivo das Pícaras, esta vez de carácter provincial, nun dos encontros máis agardados da tempada ante o FSF Castro Bloques Cando. O partido estivo marcado pola intensidade, a enerxía e a igualdade, nun duelo no que o técnico visitante, Julio Delgado, non puido dirixir ao seu equipo, sendo substituído por David Pena.
Primeira parte: equilibrio e ocasións
O Castro entrou con forza nos primeiros minutos, xerando varias ocasións que non atoparon portería. No minuto 3, Antía Pérez adiantou ás visitantes cun remate tras un saque de esquina (0-1).
O Burela respondeu con chegadas perigosas:
• Patricia rozou o empate cun balón picado no 7.
• Ana Eliza sostivo ás laranxas con dúas intervencións de mérito no 10.
• Lara tentou sorprender cun taconazo que despexou Caridad.
Os últimos dez minutos do primeiro tempo foron claramente para o Burela, con numerosas aproximacións que non lograron transformar en gol. O 0-1 mantívose ata o descanso.
Segunda parte: máxima igualdade ata o xogo de cinco
A reanudación mantivo o mesmo guión: partido aberto, intenso e con alternativas.
• No minuto 23, Dani Sousa non chega por pouco a un remate no segundo pau.
• No 24, Caridad evita o empate nun man a man con Lara, unha das mellores ocasións locais.
• No 25, chega o 0-2, obra de Dani Sousa, que finaliza un pase de Jenny desde a área.
O Burela seguiu insistindo, pero atopouse cunha inspirada Ana Eliza, que no 28 realizou un dobre paradón ante Luisa Mayara e Patricia.
No minuto 32, Sydorenko entrou como porteira-xogadora para buscar recortar distancias, pero o Castro soubo aproveitar o risco:
• Jenny marcou o 0-3 no 37 a portería baleira.
• Un minuto despois, Dani Sousa asinou o 0-4, tamén en situación de xogo de cinco.
O Burela cometeu a sexta falta a falta de dous minutos, pero Ana Eliza desviou o lanzamento de Patricia. A última ocasión chegou a 18 segundos do final cun disparo de Irene que atrapou Caridad.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



