Comezos de ano. Día de Reis. Un bo día para lembrar que hai non moito unha persoa estranxeira coñecida preguntoume polo Altruán. Tiña curiosidade despois de ter mercado unha reprodución dunha imaxe del en Vivín. A imaxe impactoulle e naceulle o formigueo de saber máis da vida deste home de Ribadeo. Díxenlle o que puiden daquela, e prometinlle máis, se o daba atopado sen moito esforzo. Mirei por algures, preguntei á miña vez, e aquí deixo ‘algo máis’, collido de aquí e de acolá, sen pretender un estudo en profundidade.
O Altruán é hoxe en Ribadeo para moitos un símbolo de dedicación e amor ó mar como prolongación da ría de Ribadeo. Unha ría concibida como a súa casa, lugar de traballo e refuxio. E un símbolo que ten unha representación física no cadro que se garda no salón de plenos de concello de Ribadeo.
O seu nome real, Celestino Alonso, é abondo máis descoñecido que o seu alcume. De igual xeito, moitas partes da súa vida quedan na néboa dos datos. Así, sábese que naceu a principios do século XX en Ribadeo, pero non se precisa a data, accesible de fixo no rexistro. A súa familia, como moitas outras, dependía do mar para a subsistencia, o que fixo que dende novo aprendera as habilidades básicas da navegación e da pesca. Como mariñeiro que era, coñecía os segredos das embarcacións e do entorno no que se movía. Aínda así, sería parello a moitos outros compañeiros, pero ó revés do que sucedeu con eles, deixou pegada na mentalidade popular. Pode que polo seu espírito, concibido como bonachón, altruísta, disposto a axudar ós máis, si, pero tamén -e moito-, á súa lembranza contribuíu unha lenda, aquela que indica que, de novo “houbo unha pelexa brava e a xente non se atrevía a meterse. Celestino [o Altruán] si o fixo, e debeunos separar cunha certa épica. A partír de aí, a xente comezou a dicir ‘¡Mira o altruán!, ¡Mira o altruán!’…”. Recollendo o que se pode atopar na ‘Contribución da Universidade de Vigo a un dicionario galego’ (accesible en pdf na rede), “altruán, -a. V. altruaneiro. // altruaneiro, -a. adx. Aplícase á persoa que está ociosa e non quere traballar”, tanto como o que se atopa no Diccionario Histórico de la Lengua Española: «Farol, hablador, persona de mala facha para todo.», queda abondo claro que, previo ó orixe da lenda, e a pesar do cariño con que é tratada nela a súa persoa, o Altruán non debía de ser moi ben considerado.
O resto, sería historia. Unha historia que leva mesmo a que Clube de Piragüismo de Ribadeo leve como nome o seu alcume, ‘Altruán’.
Hai máis datos soltos da súa vida. Algún deles con base certa, outros, máis a dubidar. Así, sabemos que o seu barco foi nomeado ‘Don Celestino’. A lenda que nos chegou indica tamén que morreu dunha enchenta de mazás no que hoxe é o bar Marinero.
En conxunto pinta un home do que non estaría mal saber algo máis, pero do que parece que a súa ‘importancia’, encumada polas imaxes como a de Benito Prieto Coussent no salón de plenos do concello de Ribadeo, non anima ós historiadores a mergullarse e procurar a súa partida de nacemento e de aí, construír unha historia con máis detalle que os indicios e lendas van deixando na mente popular. Aínda que si, se queres algo máis podes atopar en lugares como https://atalaiaribadeo-atalaia.blogspot.com/2010/10/el-altruan.html, https://archive.org/stream/Leoplan2214Agosto1943/Leoplan – Agosto%201943_djvu.txt ou https://alejandrosela.es/category/faro-de-tapia



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



