Cargos orgánicos e institucionais nacionalistas participarán o próximo luns nas mobilizacións convocadas polo sector en Celeiro e en Burela
Burela, 17 de xaneiro 2026. O Regulamento de Control da Pesca da UE (Regulamento 2023/2842), en vigor desde xaneiro de 2024, continúa xerando un forte rexeitamento no sector pesqueiro galego, especialmente na frota artesanal, que denuncia que a normativa non ten en conta as particularidades deste tipo de actividade.
O desacordo materializouse en mobilizacións e tamén no Parlamento Galego, onde se aprobaron por unanimidade diversas iniciativas —varias delas impulsadas polo BNG— reclamando unha adaptación da norma á realidade da pesca de baixura.
Desde o Bloque lembran que a frota artesanal, e en particular a da Mariña entre O Vicedo e Ribadeo, leva anos pedindo un tratamento diferenciado polo seu carácter sustentable e polo seu peso económico e social nas vilas costeiras. Critican que o regulamento introduce obrigas “rígidas e desproporcionadas”, como o diario electrónico ou a instalación de cámaras, que incrementan custos e dificultan o traballo diario.
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, expresou o apoio total da organización ao sector e anunciou a presenza de cargos e concelleiros nas concentracións convocadas o próximo luns en Celeiro (11:00 h) e Burela (16:00 h).
O BNG avanzou tamén que presentará mocións nos concellos para instar á UE e ao Goberno do Estado a diferenciar pesca industrial e artesanal, eliminar a retroactividade das sancións e excluír a frota artesanal do ámbito do regulamento. Ademais, piden á Xunta que exerza as súas competencias en augas interiores e desenvolva normas de control adaptadas á realidade galega.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


