Está chegando o Nadal e o Concello de Foz inicia as súas actividades deste tempo cun acto para os/as máis pequerrechos. O xoves, 16 de decembro, ás 11h. no Telecentro da Casa da Xuventude, alumnos e alumnas de Infantil do CEIP O Cantel vivirán unha grande experiencia ao poder participar dunha videoconferencia con Papá Noël, que se atopa en Laponia ultimando os últimos detalles antes de emprender o seu traballo por todo o mundo, repartindo agasallos a todos os nenos e nenas. O alumnado de Infantil do CEIP O Cantel poderá charlar con Papá Noël e comentarlle os agasallos que prefiren recibir este Nadal. De seguro que será un día que lembrarán todos/as eles/as.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.



